Lingua tuyuca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tuyuca
Outros nomes:Docapúaraye
Falado en: Colombia e o Brasil
Rexións: Amazonas
Total de falantes: 1 000 (1983–2006)
Familia: Tucano
 Oriental
  Central
   Bara
    Tuyuca
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: tue
Mapa
Status

O tuyuca está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua tuyuca[2] (tamén chamada dochkafuara, tejuca, tuyuka, dojkapuara, doxká-poárá, doka-poara, ou tuiuca) é unha lingua tucana oriental falada polo pobo tuyuca. Os tuyuca son un pobo indíxena composto por unhas 1000 persoas que habitan a carón dos ríos Papuri, Inambú e Tiquié, no departamento colombiano de Vaupés, así como no estado brasileiro de Amazonas.

Gramática[editar | editar a fonte]

O tuyuca é unha lingua postposicional, aglutinante e de tipoloxía suxeito obxecto verbo.[3] Emprega cinco paradigmas de evidencialidade: visual, non visual, aparente, de segunda man, e asumido, aínda que a evidencialidade de segunda man só existe no tempo pasado e a aparente non aparece na primeira persoa en tempo presente.[4] Estímase que a lingua ten entre 50 e 140 clases de substantivos.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Agreement in tuyuca" (PDF). Arquivado dende o orixinal (pdf) o 09 de setembro de 2017. Consultado o 06 de abril de 2018. 
  3. "Evidentiality_and_Mirativity". Consultado o 5 de abril de 2018. 
  4. Janet Barnes (1984). "Evidentials in the Tuyuca verb." International Journal of American Linguistics 50, pp. 255–71.
  5. The Economist, ed. (17 de decembro de 2009). "Difficult Languages: Tongue Twisters - In search of the world’s hardest language". Consultado o 23 de decembro de 2009.