Tratado de Madrid (1750)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Tratado de Madrid, tamén coñecido coma o Tratado de Permuta, foi un documento firmado por Fernando VI de España e Xoán V de Portugal o 13 de xaneiro de 1750 para definir os límites entre as súas respectivas colonias en América do Sur. Este tratado ampliou os dominios de Portugal deixando os límites do Brasil practicamente no seu estado actual.

Térmos do tratado[editar | editar a fonte]

  • Portugal cedeu a España a Colonia do Sacramento.
  • España cedeu a Portugal os territorios do sur brasileiro, o nacemento do río Ibicuí, a marxe dereita do río Guaporé e o territorio dominado polas reducións xesuítas no nacemento do río Uruguai.
  • No caso de guerra en Europa entre as dúas nacións, as colonias americanas manteríanse en paz.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Texto do tratado (en castelán)