Leinster Rugby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leinster Rugby
Nome completo Leinster Rugby
Alcume(s)
Fundación 1879
Localización Dublín, Irlanda
Estadio(s) RDS Arena
Capacidade 18.500
Presidente
Adestrador Flag of New Zealand.svg Josef Schmidt
Capitán Irlanda Leo Cullen
Máx. Anotador Flag of Argentina.svg F. Contepomi (1225)
Máis ensaios Irlanda Shane Horgan (69)
Liga Pro12
Tempada 2011-12
Posición 1º e subcampión
Páxina web oficial
Na súa casa


Fóra


En verde: Leinster. En amarelo: Munster.
En vermello: Ulster. En azul: Connacht.
O RDS Arena, fogar principal de Leinster Rugby, e o Aviva Stadium, en Dublín.

Leinster Rugby é un equipo irlandés de rugby que compite a nivel profesional en competicións internacionais como a Celtic League e a Heineken Cup.

O equipo representa á provincia de Leinster, unha das 4 que compoñen a illa de Irlanda, e ten a súa sede en Dublín. As outras 3 provincias de Irlanda están representados polos equipos de Munster Rugby, Ulster Rugby e Connacht Rugby, todos eles baixo a supervisión administrativa da IRFU. O símbolo principal do equipo é a arpa de Leinster, que sobrevive da época amateur.

O equipo disputa os seus encontros como local no RDS Arena da capital irlandesa, que ten capacidade para acoller a unhas 18.500 persoas, malia que algunha vez tamén ten xogado algúns dos seus encontros de máxima rivalidade no Aviva Stadium, pois neste novo estadio collen ata 50.000 seareiros.

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

O equipo de rugby representativo da provincia de Leinster existe dende a segunda metade do século XIX, e nos seus comezos adicouse a xogar encontros interproviciais fronte ós equipos das outras 3 provincias irlandesas, empregando ós mellores xogadores dos diversos clubs locais da provincia. O primeiro deses campionatos interprovinciais levouse a cabo en 1875, enfontándose a Munster e Ulster. Daquela, para un xogador, defender as cores da propia provincia comezou a significar o chanzo previo para representar á propia selección irlandesa no torneo das Home Nations, que naceu en 1883.

Profesionalismo[editar | editar a fonte]

Durante as seguintes décadas Leinster Rugby foi unha simple selección provincial que xogaba torneos interprovinciais de pouca relevancia, ate que en 1995 a IRB tomou a decisión de converter ó rugby nun deporte profesional, e a IRFU tomou a decisión de que en Irlanda existirían só 4 equipos profesionais, os 4 que ate entón eran as seleccións provinciais, é dicir: Connacht, Leinster, Munster e Ulster. Eses 4 equipos, convertidos en algo semellante a franquías deportivas profesionais, competiron por vez primeira na nova Copa de Europa de rugby (chamada Heineken Cup por razóns de patrocinio). Leinster Rugby amosou a súa competitividade xa dende a edición 1995-96 da Heineken Cup, acadando a rolda de semifinais, na que caeu fronte a Cardiff RFC. Nos seguintes 5 anos, Leinster Rugby non foi quen de superar a fase de grupos na máxima competición continental, caendo sempre eliminado antes das roldas de eliminatorias.

Nace a Celtic League[editar | editar a fonte]

A tempada 2001-02 viu o nacemento dunha nova competición ligueira, a Celtic League, na que se enfrontarían os mellores equipos de Gales, Escocia e Irlanda. Iso supuxo que dende ese ano os 4 equipos provinciais irlandeses terían que ter un grupo de xogadores permanente para disputar a liga e maila competición europea, pasando de disputar 6 encontros por ano, a máis de 30. Nesa tempada Leinster Rugby fíxose co campionato na nova liga celta, por diante de Munster Rugby, e conseguíu clasificarse para cuartos de final na Heineken Cup, caendo fronte a Leicester Tigers.

Na tempada 2002-03 o equipo chegou de novo a semifinais na Heineken Cup, caendo nesta ocasión fronte ó equipo francés USAP. Na tempada 2003-04 caeu na fase de grupos. Na tempada 2004-05 caeu nos cuartos de final fronte a Leicester Tigers. Na tempada 2005-06 conseguiu o subcampionato na liga celta, e chegou ata a semifinais da Heineken Cup, pero caeu diante de Munster Rugby. O título europeo que acadou Munster ese ano, sumado ó que acadara Ulster en 1999, deixaba a Leinster Rugby como o único dos 3 grandes equipos irlandeses que non gañara a Copa de Europa de rugby.

Na tempada 2006-07 Leinster fracasou de novo ó caer nos cuartos de final da Heineken Cup. Na seguinte tempada, a 2007-08, o fracaso sería aínda maior na máxima competición europea, caendo na fase de grupos, pero na liga celta acadou o seu segundo título de campión, por diante dos Cardiff Blues.

Éxitos na Heineken Cup[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2008-09 había no equipo unha mestura de grandes xogadores veteráns como Brian O'Driscoll e novas promesas como Jonathan Sexton, que comezaron a marcar unha época no equipo e no rugby europeo. Leinster Rugby fíxose coas Copas de Europa de rugby nas edicións 2008-09 (fronte a Leicester Tigers), 2010-11 (fronte a Northampton Saints) e 2011-12 (fronte a Ulster Rugby), caendo eliminado tan só na 2009-10 por Stade Toulousain.

A eses éxitos súmanse os subcampionatos na liga celta nas tempadas 2009-10, 2010-11 e 2011-12.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Títulos continentais[editar | editar a fonte]

Competición Títulos - 2012 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96
H bianca su verde.png Copa de Europa 3 - C C ½ C g ¼ ½ ¼ g ½ ¼ g g g g g ½
  • C = Campión; F = Finalista; ½ = Semifinalista; ¼ = Cuartofinalista; g = Caeu na fase de grupos.

Títulos ligueiros[editar | editar a fonte]

Competición Títulos - 2012 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02
Earth symbol.svg Liga celta 2 - 1 2 1 3 1 3 2 3 8 5 1
  • Na táboa, o número indica a posición final ó remate da tempada regular. En vermello, ano no que foi campión. En rosado, ano no que foi subcampión. Nas tempadas 2001/02 e 2002/03 os equipos disputaron a liga regular divididos en dous grupos. Entre as tempadas 2003/04 e 2008/09 o formato da liga non contou con playoffs trala tempada regular.

Outros[editar | editar a fonte]

  • Irish Inter-Provincial Championships: 22 títulos

Tempada actual[editar | editar a fonte]

Escocia Gales Irlanda Italia RaboDirect PRO12 — Tempada 2012/13
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. BO BD
Irlanda Ulster 81 22 17 1 4 8 3
Irlanda Leinster 78 22 17 0 5 9 1
Escocia Glasgow 76 22 16 0 6 9 3
Gales Scarlets 66 22 15 0 7 3 3
Gales Ospreys 62 22 14 1 7 2 2
Irlanda Munster 54 22 11 1 10 4 4
Italia Treviso 50 22 10 2 10 4 2
Irlanda Connacht 38 22 8 1 13 1 3
Gales Cardiff 38 22 8 0 14 1 5
10º Escocia Edinburgh 36 22 7 0 15 1 7
11º Gales Newport 28 22 6 0 16 1 3
12º Italia Zebre 10 22 0 0 22 1 9

<<<< 2011/12 — Tempadas — 2013/14 >>>>


En azul      os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º).
Na liga celta non hai descensos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]