Murrayfield Stadium
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Edimburgo, Escocia |
| Arquitecto | Connor Milligan |
| Inauguración | 21 de marzo de 1925 |
| Renovación | 1995 |
| Superficie | Céspede natural |
| Capacidade | 67.800 espectadores |
| Propietario | Scottish Rugby Union |
| Localía | Selección de rugby de Escocia Edinburgh Rugby Edinburgh Sevens Heart of Midlothian |
| Eventos | |
O Murrayfield Stadium é un estadio deportivo dedicado, principalmente, ao rugby. Atópase localizado en Murrayfield, unha área de Edimburgo, Escocia. Foi inaugurado o 21 de marzo de 1925 e remodelado completamente en 1995. Conta cunha capacidade total de 67.800 espectadores, todos eles sentados.
É a sede da Federación Escocesa e un símbolo dentro do mundo do rugby. A selección de rugby xoga neste estadio dende a súa inauguración en 1925, disputando un partido contra a selección de Inglaterra. Ese mesmo ano foi o que obtiveron, por primeira vez na súa historia, o Grand Slam do Cinco Nacións. Este recinto ostenta ademais a marca de persoas presentes nun partido de rugby: 105.000 espectadores nun Escocia - Gales en 1975.
O Murrayfield albergou ademais partidos de fútbol. O Heart of Midlothian, un dos dous clubs da capital, decidiu facer do Murrayfield a súa sede para os partidos de competición europea da tempada 2006/07 xa que o seu estadio, o vello Tynecastle Stadium, non cumpría os requisitos mínimos da UEFA. Tamén se teñen disputado partidos de fútbol americano ou recitais de importantes grupos musicais, coma por exemplo U2 ou os Red Hot Chili Peppers. Durante o 2005 foi sede dun dos concertos do Live 8 con The Corrs, Travis e Texas entre outros.
|
|||||||
|
|||||||||||||||||