Connacht Rugby
| Nome completo | Connacht Rugby | ||
| Alcume(s) | |||
| Fundación | 1885 | ||
| Localización | Galway, Connacht, Éire | ||
| Estadio(s) | Galway Sportsgrounds | ||
| Capacidade | 7.000 | ||
| Presidente | Stephen Cunningham | ||
| Adestrador | Eric Elwood | ||
| Capitán | John Muldoon | ||
| Máx. Anotador | |||
| Máis ensaios | |||
| Liga | Pro12 | ||
| Tempada | 2011-12 | ||
| Posición | 8º | ||
| Páxina web oficial | |||
|
|||
Connacht Rugby (máis comunmente coñecido como Connacht) é un equipo profesional de rugby irlandés da provincia irlandesa de Connacht que xoga na Magners League e na European Challenge Cup. O equipo representa á Irish Rugby Football Union Connacht Branch, un dos catro equipos provinciais da IRFU, e é a responsable do rugby na provincia irlandesa de Connacht.
Connacht ten unha base de xogadores moi pequena en comparación con outras provincias irlandesas debido en parte á pouca poboación da provincia e a grande popularidade que teñen na mesma os Deportes Gaélicos coma o hurling e o fútbol gaélico. Connacht ten tan só un 7% do total dos xogadores de rugby irlandeses actualmente, a pesares de que o rugby experimentou un crecemento nos últimos anos.
Índice |
Historia [editar]
O equipo proivincial de Connacht foi fundado en 1885 e os clubes aos que representaba eran Ballinasloe, Castlebar, Galway Town, Galway Grammar School, Queen College Galway e Ranelagh School Athlone. Ballinasloe, ao igual que Buccaneers RFC, Castlebar e Queens College (agora UCG) sobreviviron.
Connacht foi o primeiro equipo provincial irlandés en gañar en Francia e Inglaterra en 1997. O equipo foi cuarto finalista da European Challence Cup 1997-98, e na tempada 2001-02 foi semifinalista da Celtic League, ainda que únicamente chegou aos cuartos de final na tempada 2002-03.
A tempada 2003-04 foi a de maior éxito da historia do equipo, cando chegaron ás semifinais da European Challenge Cup, nas que un ensaio a 12 minutos para o remate do partido de volta fronte ao Harlequin FC privou aos irlandeses de meterse na final por primeira vez na súa historia e meteu aos ingleses na final, que rematarían por adxudicarse por un apretado 26 a 27 fronte aos ASM Clermont Auvergne no Madejski Stadium de Reading. Tamén nesa tempada acadaron as semifinais da Celtic Cup. Na tempada 2004-05 continuaron coa súa boa forma, chegando nóvamente ás semifinais da European Challenge Cup, nas que nóvamente caeron fronte a un equipo inglés, desta vez os Sale Sharks, que finalmente se farían co título ao gañar na final por un contundente 27 a 3 aos franceses da Section Paloise.
Dende a tempada 2005-06, a IRFU inscribiu automaticamente ao Connacht na European Challenge Cup tódolos anos en lugar de facelo na Heineken Cup, independentemente dos seus resultados na Magners League. Inicialmente, na tempada 2004-05, a IRFU decidira empregar a táboa da Magners League coma o único criterio para inscribir aos equipos irlandeses nunha competición europea ou noutra, sen embargo nesa tempada, Connacht rematou a tempada na derradeira posición dos catro equipos irlandeses, polo que foi inscrito na European Challenge Cup, desputando esta competición cada ano dende aquela.
O terreo de xogo principal do equipo é o Galway Sportsgrounds. Os equipos que representan á división compiten nos torneos interprovinciais, na Magners League e na European Challenge Cup.
A Connacht Senior Cup desputouse por primeira vez en 1886, gañándoa o equipo de Galway. A Connacht Junior Cup pola súa banda, desputouse por primeira vez en 1905 e o seu primeiro vencedor foi o St Ignatius College Galway, agora coñecido como Colainte Iognaid.
Tempada actual [editar]
|
|
|||||||||||||||
| Posto | Equipo | Puntos | Xogados | Gañ. | Emp. | Per. | BO | BD | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1º | 81 | 22 | 17 | 1 | 4 | 8 | 3 | ||||||||
| 2º | 78 | 22 | 17 | 0 | 5 | 9 | 1 | ||||||||
| 3º | 76 | 22 | 16 | 0 | 6 | 9 | 3 | ||||||||
| 4º | 66 | 22 | 15 | 0 | 7 | 3 | 3 | ||||||||
| 5º | 62 | 22 | 14 | 1 | 7 | 2 | 2 | ||||||||
| 6º | 54 | 22 | 11 | 1 | 10 | 4 | 4 | ||||||||
| 7º | 50 | 22 | 10 | 2 | 10 | 4 | 2 | ||||||||
| 8º | 38 | 22 | 8 | 1 | 13 | 1 | 3 | ||||||||
| 9º | 38 | 22 | 8 | 0 | 14 | 1 | 5 | ||||||||
| 10º | 36 | 22 | 7 | 0 | 15 | 1 | 7 | ||||||||
| 11º | 28 | 22 | 6 | 0 | 16 | 1 | 3 | ||||||||
| 12º | 10 | 22 | 0 | 0 | 22 | 1 | 9 | ||||||||
|
<<<< 2011/12 — Tempadas — 2013/14 >>>> En azul os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º). |
|||||||||||||||
Cores e escudo [editar]
No escudo do Connacht está presente a águia e o brazo armado da bandeira de Connacht dentro dun balón de rugby, se ben o brazo armado está en azul no escudo do equipo, ao ser o fondo branco.
As cores do equipo son verde na camiseta (cunha banda negra no lateral) e negro nos pantalóns e nas medias. O uniforme do equipo como visitante é completamente negro. A presenza do verde nas cores do equipo é descoñecida, xa que non aparece por ningures na bandeira da provincia (que presenta o azul, o branco e o negro).
O patrocinador principal do equipo é o Bank of Ireland, outros patrocinadores son por exemplo Aer Arann e Days Hotel.
Principais clubes [editar]
Actualmente hai 29 clubes afiliados actualmente ao Branch, dos cales Buccaneers RFC (DIV 1B), Galwegians RFC (DIV 1B), Connemara RFC (Div 3) e Galway Corithians RFC (DIV 2) compiten na AIB League, 19 nas Junior Provincial Leagues e 6 clubes de categorías inferiores.
Antigos presidentes [editar]
Presidentes do Connacht [editar]
|
|
|
Presidentes do Connacht que tamén o foron da IRFU [editar]
- 1945/46 H. Anderson
- 1958/59 J.J. Glynn
- 1968/69 C.P. Crowley
- 1975/76 J.J. Keane
- 1981/82 J.J. Moore
- 1991/92 A.D. Browne
- 1996/97 R.M. Deacy
- 2002/03 D. Crowley
Adestradores na era profesional [editar]
| Nome | Inicio | Final |
|---|---|---|
| Eric Elwood | 2010 / 2011 | - |
| Michael Bradley | 2003 / 04 | 2009 / 10 |
| Steph Nel | 2000 / 01 | 2003 / 04 |
| Warren Gatland | 1996 / 97 | 1998 / 99 |
Estatísticas [editar]
Celtic League [editar]
| Resultados na Celtic League | |||||||||||
| Tempada | Xogados | Gañados | Empatados | Perdidos | PF | PC | Dif | PB | Puntos | Posición | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2008/09 | 18 | 4 | 0 | 14 | 224 | 460 | - 236 | 4 | 20 | 10º | |
| 2007/08 | 18 | 5 | 1 | 12 | 214 | 396 | - 182 | 2 | 24 | 10º | |
| 2006/07 | 20 | 4 | 2 | 14 | 326 | 474 | - 148 | 6 | 26 | 10º | |
| 2005/06 | 22 | 6 | 0 | 14 | 325 | 466 | - 141 | 5 | 37 | 10º | |
| 2004/05 | 20 | 7 | 1 | 12 | 317 | 407 | - 90 | 7 | 37 | 10º | |
| 2003/04 | 22 | 8 | 2 | 12 | 479 | 550 | -71 | 8 | 44 | 9º | |
Xogadores destacados [editar]
Irlanda [editar]
Os seguintes xogadores representaron a Irlanda a nivel internacional.
|
|
British and Irish Lions [editar]
Os seguintes xogadores xogaron cos British and Irish Lions.[11]
Overseas Internationals [editar]
Warwick Waugh [12]
Robbie Morris
Gavin Williams
Eric Peters
Ofisa Treviranus
Notas [editar]
- ↑ www.irishrugby.ie
- ↑ [1]
- ↑ [2]
- ↑ [3]
- ↑ www.irishrugby.ie
- ↑ www.irishrugby.ie
- ↑ www.irishrugby.ie
- ↑ www.irishrugby.ie
- ↑ [4]
- ↑ [5]
- ↑ The Ireland Rugby Miscellany (2007): Ciaran Cronin
- ↑ www.irishrugby.ie
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Site oficial do Connacht Rugby (en inglés)
- Connacht Rugby en irishrugby.ie (en inglés)
- Web dos seareiros do Connacht Rugby (en inglés)
|
|||||||||||||||||