Munster Rugby
| Nome completo | Munster Rugby | ||
| Alcume(s) | The Red Army | ||
| Fundación | 1879 | ||
| Localización | Munster, Irlanda | ||
| Estadio(s) | a) Thomond Park b) Musgrave Park |
||
| Capacidade | a) 26,500 b) 8,300 |
||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Capitán | |||
| Máx. Anotador | |||
| Máis ensaios | |||
| Liga | Pro12 | ||
| Tempada | 2011-12 | ||
| Posición | 3º e semifinalista | ||
| Páxina web oficial | |||
|
|||
Munster Rugby é un equipo irlandés de rugby que compite a nivel profesional en competicións internacionais a nivel de clubs, como a Celtic League e a Heineken Cup.
O equipo representa á provincia de Munster, unha das 4 que compoñen a illa de Irlanda, e ten a súa sede principal en Limerick, malia que tamén disputa encontros en Cork. As outras 3 provincias de Irlanda están representadas polos equipos de Leinster Rugby, Ulster Rugby e Connacht Rugby, todos eles baixo a supervisión administrativa da IRFU.
Índice |
Historia [editar]
Antes da creación das dúas competicións profesionais nas que compite actualmente, o equipo provincial de Munster xa existía. Foi fundado como equipo representativo da provincia en 1879, e nos anos do amateurismo competía coas outras 3 provincias irlandesas polo campionato anual Inter-Provincial Championship, que Munster gañou en 22 ocasións. Munster tense enfrontado á maioría das seleccións internacionais que visitaban Irlanda nas súas xiras, comezando polo encontro fronte Australia en 1947. Munster acadou un empate cos Wallabies en 1958, pero acadou 4 vitorias en 1967, 1981, 1992 e 2010. Fronte a Nova Zelandia, Munster empatou en 1973, pero conseguíu a vitoria en 1978.
Estadio [editar]
O principal terreo de xogo no que disputa os seus encontros Munster Rugby como local é o estadio Thomond Park de Limerick, recentemente reformado para acoller 26.500 seareiros. Munster tamén xoga algúns encontros no Musgrave Park de Cork, no que collen 8.300 persoas.
Xogadores [editar]
Ó longo da súa historia como equipo profesional, polas ringleiras de Munster Rugby teñen pasado estrelas internacionais do rugby como Christian Cullen, Doug Howlett ou Jean de Villiers, amais de grandes xogadores da casa como Ronan O'Gara, Peter Stringer, Denis Leamy, Donncha O'Callaghan, Keith Wood, Anthony Foley ou Paul O'Connell.
Palmarés [editar]
Títulos continentais [editar]
| Competición | Títulos | - | 2012 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2 | - | ¼ | g | ½ | ½ | C | ¼ | C | ¼ | ½ | ½ | F | ½ | F | ¼ | g | g | g |
- C = Campión; F = Finalista; ½ = Semifinalista; ¼ = Cuartofinalista; g = Caeu na fase de grupos.
Títulos ligueiros [editar]
| Competición | Títulos | - | 2012 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 3 | - | 3 | 1 | 4 | 1 | 3 | 6 | 3 | 2 | 7 | 1 | 1 |
- Na táboa, o número indica a posición final ó remate da tempada regular. En vermello, ano no que foi campión. En rosado, ano no que foi subcampión. Nas tempadas 2001/02 e 2002/03 os equipos disputaron a liga regular divididos en ==dous grupos. Entre as tempadas 2003/04 e 2008/09 o formato da liga non contou con playoffs trala tempada regular.
Outros [editar]
- Irish Inter-Provincial Championships: 22 títulos Competición que disputa o equipo amateur.
- Celtic Cup: 1 título (2004/05) Competición desaparecida que só existiu durante 2 anos.
Tempada actual [editar]
|
|
|||||||||||||||
| Posto | Equipo | Puntos | Xogados | Gañ. | Emp. | Per. | BO | BD | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1º | 81 | 22 | 17 | 1 | 4 | 8 | 3 | ||||||||
| 2º | 78 | 22 | 17 | 0 | 5 | 9 | 1 | ||||||||
| 3º | 76 | 22 | 16 | 0 | 6 | 9 | 3 | ||||||||
| 4º | 66 | 22 | 15 | 0 | 7 | 3 | 3 | ||||||||
| 5º | 62 | 22 | 14 | 1 | 7 | 2 | 2 | ||||||||
| 6º | 54 | 22 | 11 | 1 | 10 | 4 | 4 | ||||||||
| 7º | 50 | 22 | 10 | 2 | 10 | 4 | 2 | ||||||||
| 8º | 38 | 22 | 8 | 1 | 13 | 1 | 3 | ||||||||
| 9º | 38 | 22 | 8 | 0 | 14 | 1 | 5 | ||||||||
| 10º | 36 | 22 | 7 | 0 | 15 | 1 | 7 | ||||||||
| 11º | 28 | 22 | 6 | 0 | 16 | 1 | 3 | ||||||||
| 12º | 10 | 22 | 0 | 0 | 22 | 1 | 9 | ||||||||
|
<<<< 2011/12 — Tempadas — 2013/14 >>>> En azul os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º). |
|||||||||||||||
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
Outros artigos [editar]
|
|||||||||||||||||