Aviva Stadium
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Dublín, Éire |
| Arquitecto | HOK Sport |
| Custo | 365 millóns de € (2004) |
| Inauguración | Abril de 2010 |
| Superficie | Céspede natural |
| Capacidade | 50.000 |
| Propietario | Irish Rugby Football Union Football Association of Ireland |
| Localía | Selección de rugby de Irlanda Selección de fútbol de Éire |
| Eventos | |
|
|
- Para o vello estadio véxase: Lansdowne Road.
O Aviva Stadium (en irlandés: Staidiam Aviva e informalmente coñecido coma o New Lansdowne Road Stadium) ubícase en Dublín, República de Irlanda. Ocupa o lugar do antigo Lansdowne Road (en irlandés: Bóthair Lansdúin), demolido en 2007. O Grupo Aviva asinou un acordo de 10 anos para os dereitos do nome.
En espectáculos deportivos ten capacidade para 51.700 espectadores, chegando aos 65.000 nos espectáculos musicais.
Mentras que o seu predecesor era propiedade exclusiva da Federación Irlandesa de Rugby (IRFU), o Aviva Stadium está controlado por unha sociedade participada a partes iguais polas federacións irlandesas de Rugby e de Fútbol, denominada Lansdowne Road Stadium Development Company (LRSDC), que o explotará durante 60 anos, ao cabo dos que o estadio volverá ser propiedade exclusiva da IRFU.
O estádio, localizado ao carón da estación ferroviaria de Lansdowne Road, abriu oficialmente o 14 de Maio de 2010. Ten a categoría UEFA de Elite Stadium, albergando a final da UEFA League de 2011 e a Copa das Nacións, competición bianual que arrancou ese mesmo ano e que enfronta ás seleccións de fútbol de Eire, Ulster, Gales e Escocia.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
|
|||||||