Super Rugby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Super 14»)
Super Rugby
Fundación1996; hai 28 anos
PaísAustralia Australia
Fidxi Fidxi
Nova Zelandia Nova Zelandia
PresidenteGreg Peters
Equipos12
Actual campiónCrusaders (10º título)
Máis laureadoCrusaders (10 títulos)
OrganizadorSANZAAR
Sitio websuper.rugby

O Super Rugby é un campionato internacional de rugby no que participan de clubs profesionais de Australia, Fidxi e Nova Zelandia. A liga foi fundada sobre a base de varias competicións do hemisferio sur, as cales se remontan ao Campionato do Pacífico Sur de 1986. Este primeiro torneo contou con tres equipos de Nova Zelandia (Auckland, Canterbury e Wellington), dous de Australia (Queensland e Nova Gales do Sur) e

Fidxi. Tras varias edicións, o torneo ampliouse en 1996 coa creación do Super Rugby, naquela altura coñecido como Super 12.

A primeira edición de 1996 do Super Rugby contaba con doce equipos de tres países: Australia, Nova Zelandia e Suráfrica; países cuxas seleccións dominaron as primeiras edicións da Copa do Mundo. A orixe deste novo formato hai que buscala coa chegada do profesionalismo ao rugby, momento no que estas tres federacións crearon a SANZAR, un organismo encargado da organizar a competición. No ano 2006 chegou a primeira ampliación da competición, pasando esta a denominarse Super 14 debido a incorporación de dous novos equipos. En 2011 o número aumentou a 15, momento no que adoptou o actual nome de Super Rugby. En 2016 chegaron dous equipos de novos países: a Arxentina e o Xapón. Debido á pandemia de COVID-19 o formato mudou, ficando equipos tan só dos países oceánicos. Nas temporadas 2022 e 2023 o torneo recibirá o nome de Super Rugby Pacific. Os equipos dominadores da competición teñen sido os neozelandeses, destacando os Crusaders con dez títulos.

Historia[editar | editar a fonte]

Antes do profesionalismo[editar | editar a fonte]

Entre 1986 e 1991 (South Pacific Championship)

En 1986 comezou a disputarse un torneo chamado South Pacific Championship integrado por seis equipos, tres deles de provincias neozelandesas (Auckland RFU, Canterbury RFU e Wellington RFU), outros dous australianos (un do estado de Nova Gales do Sur e outro do estado de Queensland), e un equipo representativo de

Fidxi. A orixe deste torneo estivo na idea que tiveron na federación de Nova Gales do Sur de crear unha competición na que puidesen enfrontarse os equipos de Nova Gales do Sur e Queensland, así como doutros equipos, nun intento de competir coa popularidade que tiñan as competicións de rugby league nese momento en Australia, xa que a NRL estaba nun proceso de expansión fora da cidade de Sydney. Auckland RFU e Canterbury RFU foron os primeiros convidados a competir neste torneo por seren os equipos máis potentes da NPC (actual Mitre 10 Cup). Wellington RFU foi convidado despois, xa que o equipo contaba cun bo nivel, alén de ter a cidade un aeroporto importante. Finalmente foi convidada a federación de

Fidxi, xa que naquela altura era a selección máis importante das illas do Pacífico. Os resultados finais deron como resultado os seguintes campións:

En 1992 (Super 6)

Despois de non disputarse o torneo en 1991, este foi relanzado en 1992 cos mesmos participantes mais cunha nova denominación: Super 6. O campión final foi Queensland.

Entre 1993 e 1995 (Super 10)

Após a desaparición do aparato legal do apartheid en Suráfrica entre 1990 e 1991, en 1992 a selección de rugby de Suráfrica foi readmitida nas competicións internacionais. Os Wallabies e os All Blacks fixeron un tour por Suráfrica nese mesmo ano, e as federacións de ambos os dous países (Australia e Nova Zelandia) viron a oportunidade de expandir a competición incluíndo equipos das provincias máis potentes de Suráfrica. Unha canle deportiva surafricana ofreceu un contrato televisivo moi importante para tres anos e a ampliación levouse a cabo. Os participantes no torneo serían:

Fidxi,

Samoa Occidental e

Tonga.

En 1993 participaron no Super 10 os conxuntos neozelandeses de Auckland, Otago, North Harbour e Waikato; os australianos de Queensland e Nova Gales do Sur; os surafricanos de Natal, Transvaal e Northern Transvaal; e o conxunto de

Samoa Occidental. A final enfrontou a Transvaal e a Auckland, vencendo o equipo surafricano por 20 a 17.

En 1994 participaron Queensland e Nova Gales do Sur por Australia; North Harbour, Otago, Auckland e Waikato por Nova Zelandia; Transvaal, East Province e Natal por Suráfrica; ademais de Samoa Occidental. Nesta ocasión o equipo representativo de Queensland venceu ó de Natal na final por 21 a 10.

En 1995 participaron Transvaal, Western Province e Free State por Suráfrica; Nova Gales do Sur e Queensland por Australia; Otago, North Harbour, Auckland e Canterbury por Nova Zelandia; e Tonga. A final enfrontou a Queensland con Transvaal, sendo o resultado da final 30-16 a prol do conxunto australiano.

Profesionalismo e SANZAR[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: SANZAAR.

No mes de agosto do ano 1995 foi proclamado oficialmente o profesionalismo do rugby pola IRB (actual World Rugby). Despois do éxito da Copa do Mundo de 1995, as federacións nacionais de rugby de Nova Zelandia, Australia e Suráfrica xuntáronse para estudar a reestruturación do campionato. Para iso, crearon un novo organismo chamado SANZAR, encargado de artellar o novo torneo cun novo formato. Na mesma xuntanza decidiuse crear un novo torneo internacional chamado Tri Nations (actual Rugby Championship) que cada ano enfrontaría ás tres seleccións nacionais, e que tamén sería artellado pola SANZAR. Pouco despois a SANZAR chegou a un acordo coa empresa News Limited, pertencente a Rupert Murdoch, coa que asinou un contrato de dez anos polos dereitos televisivos da nova competición a cambio de 555 millóns de dólares.

O novo torneo, 100% profesional, estaría composto por 12 equipos representativos de provincias ou estados de Australia, Suráfrica e Nova Zelandia. Estes foron o 12 equipos que formarían parte da primeira edición do torneo Super 12:

Nos anos posteriores a competición foi expandida en varias fases coa creación do Super 14 en 2006, o Super 15 en 2011 e o Super Rugby de 18 equipos en 2016. Con esta última ampliación incorporáronse ao torneo equipos da Arxentina (Jaguares) e o Xapón (Sunwolves). No ano 2018 o campionato conrtraeuse até os quince equipos, os cales foron divididos en tres conferencias: a autraliana, a neozelandesa e a surafricana.

Formato[editar | editar a fonte]

Encontro entre os Brumbies e os Bulls.

Antes de 2011, o Super Rugby era unha competición de liga onde cada equipo xogaba con todos os outros unha vez; cada equipo tiña seis ou sete encontros na casa e seis ou sete partidos fóra. O gañador de cada xogo recibía catro puntos, dous se o encontro finalizaba en empate. A maiores, tamén se utilizaba o sistema de puntos de bonificación do rugby, onde se recibía un punto extra por anotar catro ou máis ou por perder por menos de sete puntos. A bonificación por ensaios mudou en 2016, de forma que agora un equipo ten que marcar tres ensaios ou máis que os seus adversarios. Ao finalizar a liga, os catro primeiros cklasificados xogaban unha rolda de semifinais, enfrontándose o primeiro contra o cuarto e o segundo contra o terceiro. Os vencedores destas roldas xogaban a final no estadio do equipo mellor clasficiado en liga. Con este sistema había un total de 91 partidos de temporada regular, de forma que se diputaba un total de 14 xornadas, nas que en cada unha descansaba un equipo.

O formato mudou entre 2011 e 2015, formando cada país a súa propia conferencia. Cada equipo dentro dunha conferencia xogaba contra cada equipo da mesma dúas veces, unha en casa e unha fóra. Por outra banda, cada equipo xogaba entón contra catro dos outros cinco equipos das outras conferencias unha vez. O formato das eliminatorias tamén mudou; participaban seis equipos: o campión de cada unha das tres conferencias, ademais dos tres seguintes equipos con máis puntos, independentemente da conferencia na que estivensen. Os catro peores equipos eran emparellados en dous xogos a partido único; os vencedores destes dous xogos xogaban contra os dous mellores clasificados, sendo o s vencedores destas eliminatorias os que xogaban a final. Nas temporadas 2016 e 2017 o formato mudou de novo debido á incorporación de tres equipos máis, un da Arxentina, outro do Xapón e un de Suráfrica. O campionato organizouse en catro conferrencias, tendo África dúas. En canto á fase eliminatroria, contou con oito equipos: os catro gañadores de cada conferencia enfrontáronse a catro equipos, tres do grupo neozelandés e un surafricano.

O actual formato, instaurado en 2018, conssite en tres conferencias con cinco equipos cada unha. As conferencias son a neozelandesa, a surafricana (cun equipo arxentino) e a australiana (cun equipo xaponés). Na fase de grupos hai dezanove xornadas, con cada equipo diputando dezaseis encontros (por tanto con dúas xorandas de descanso), resultando un total de 120 xogos. Cada equipo xoga oito encontros con rivais da súa conferencia e oito contra rivais doutras. Após o final da fase regular, oito equipos clasifícanse para xogar as eliminatorias: os campións de cada conferencia e os seguintes cinco equipos con máis puntos. Os campión máis o mellor do resto do equipos son os cabezas de serie en cuartos de final. Os campión de cuartos enfróntanse nas semifinais da que saen os dous finalistas. Todas as eliminatorias son a un único encontro, polo que perder significa ser eliminado.

Equipos[editar | editar a fonte]

As seguintes son as franquías que compiten no Super Rugby.

Rebels contra Sharks.
Club Cidade Subdivisión País Estadio Capacidade Debut
Blues Auckland Auckland  Nova Zelandia Eden Park 50.000 1996 (Super 12)
Brumbies Canberra Territorio da Capital  Australia Canberra Stadium 25.011 1996 (Super 12)
Chiefs Hamilton Waikato  Nova Zelandia FMG Stadium Waikato 25.800 1996 (Super 12)
Crusaders Christchurch Canterbury  Nova Zelandia Rugby League Park 18.600 1996 (Super 12)
Drua Suva División Central  Fidxi Por decidir 2022
Force Perth Australia Occidental  Australia Perth Oval 20.500 2006 (Super 14)
Highlanders Dunedin Otago  Nova Zelandia Forsyth Barr Stadium 30.748 1996 (Super 12)
Hurricanes Wellington Wellington  Nova Zelandia Sky Stadium 34.500 1996 (Super 12)
Moana Pasifika Auckland Auckland  Nova Zelandia Mount Smart Stadium 30.000 2022
Rebels Melbourne Victoria  Australia AAMI Park 30.050 2011
Reds Brisbane Queensland  Australia Suncorp Stadium 52.500 1996 (Super 12)
Waratahs Sydney Nova Gales do Sur  Australia Sydney Cricket Ground 44.000 1996 (Super 12)
Arxentina Australia Xapón
Location of Super Rugby teams in Argentina
Location of Super Rugby teams in Australia
Location of Super Rugby teams in Japan
Nova Zelandia Suráfrica
Location of Super Rugby teams in Nova Zelandia
Location of Super Rugby teams in South Africa
















Finais[editar | editar a fonte]

As finais dispútanse no estadio elixido polo equipo finalista que mellor clasificación tivo dos dous na tempada regular. A maior anotación dun equipo nunha final son os 61 puntos que anotaron os Bulls na final de 2009, e a menor anotación son os 3 puntos que anotaron os Lions en 2016 e os Jaguares en 2019:

Ano Equipos Final Simifinalistas
Campións Resultado Subcampións 1º semifinalista 2º semifinalista
1996 12 Nova Zelandia Blues 45–21 Suráfrica Sharks Australia Reds Suráfrica Bulls
1997 12 Nova Zelandia Blues 23–7 Australia Brumbies Nova Zelandia Hurricanes Suráfrica Sharks
1998 12 Nova Zelandia Crusaders 20–13 Nova Zelandia Blues Suráfrica Sharks Nova Zelandia Highlanders
1999 12 Nova Zelandia Crusaders 24–19 Nova Zelandia Highlanders Australia Reds Suráfrica Stormers
2000 12 Nova Zelandia Crusaders 20–19 Australia Brumbies Nova Zelandia Highlanders Suráfrica Cats
2001 12 Australia Brumbies 36–6 Suráfrica Sharks Suráfrica Cats Australia Reds
2002 12 Nova Zelandia Crusaders 31–13 Australia Brumbies Australia Waratahs Nova Zelandia Highlanders
2003 12 Nova Zelandia Blues 21–17 Nova Zelandia Crusaders Nova Zelandia Hurricanes Australia Brumbies
2004 12 Australia Brumbies 47–38 Nova Zelandia Crusaders Suráfrica Stormers Nova Zelandia Chiefs
2005 12 Nova Zelandia Crusaders 35–25 Australia Waratahs Suráfrica Bulls Nova Zelandia Hurricanes
2006 14 Nova Zelandia Crusaders 19–12 Nova Zelandia Hurricanes Australia Waratahs Suráfrica Bulls
2007 14 Suráfrica Bulls 20–19 Suráfrica Sharks Nova Zelandia Crusaders Nova Zelandia Blues
2008 14 Nova Zelandia Crusaders 20–12 Australia Waratahs Suráfrica Sharks Nova Zelandia Hurricanes
2009 14 Suráfrica Bulls 61–17 Nova Zelandia Chiefs Nova Zelandia Hurricanes Nova Zelandia Crusaders
2010 14 Suráfrica Bulls 25–17 Suráfrica Stormers Nova Zelandia Crusaders Australia Waratahs
2011 15 Australia Reds 18–13 Nova Zelandia Crusaders Nova Zelandia Blues Suráfrica Stormers
2012 15 Nova Zelandia Chiefs 37–6 Suráfrica Sharks Nova Zelandia Crusaders Suráfrica Stormers
2013 15 Nova Zelandia Chiefs 27–22 Australia Brumbies Nova Zelandia Crusaders Suráfrica Bulls
2014 15 Australia Waratahs 33–32 Nova Zelandia Crusaders Suráfrica Sharks Australia Brumbies
2015 15 Nova Zelandia Highlanders 21–14 Nova Zelandia Hurricanes Australia Waratahs Australia Brumbies
2016 18 Nova Zelandia Hurricanes 20–3 Suráfrica Lions Nova Zelandia Chiefs Nova Zelandia Highlanders
2017 18 Nova Zelandia Crusaders 25–17 Suráfrica Lions Nova Zelandia Chiefs Nova Zelandia Hurricanes
2018 15 Nova Zelandia Crusaders 37–18 Suráfrica Lions Nova Zelandia Hurricanes Australia Waratahs
2019 15 Nova Zelandia Crusaders 19–3 Arxentina Jaguares Australia Brumbies Nova Zelandia Hurricanes

Por equipo[editar | editar a fonte]

Na seguinte táboa, os equipos están ordenados primeiro por número de finais disputadas, despois por número de vitorias e finalmente polo ano de primeira participación nunha final. Na columna de "Temporadas", os anos en grosa indican que o equipo gañou o título.

Apar. Equipos Vitorias Derrotas %V Temporadas
14 Nova Zelandia Crusaders 10 4 .714 1998, 1999, 2000, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2008, 2011, 2014, 2017, 2018, 2019
6 Australia Brumbies 2 4 .333 1997, 2000, 2001, 2002, 2004, 2013
4 Nova Zelandia Blues 3 1 .750 1996, 1997, 1998, 2003
4 Suráfrica Sharks 0 4 .000 1996, 2001, 2007, 2012
3 Suráfrica Bulls 3 0 1.000 2007, 2009, 2010
3 Nova Zelandia Chiefs 2 1 .667 2009, 2012, 2013
3 Australia Waratahs 1 2 .333 2005, 2008, 2014
3 Nova Zelandia Hurricanes 1 2 .333 2006, 2015, 2016
3 Suráfrica Lions 0 3 .000 2016, 2017, 2018
2 Nova Zelandia Highlanders 1 1 .500 1999, 2015
1 Australia Reds 1 0 1.000 2011
1 Suráfrica Stormers 0 1 .000 2010
1 Arxentina Jaguares 0 1 .000 2019

Por país[editar | editar a fonte]

País Apar. Vitorias Derrotas %V
 Nova Zelandia 26 17 9 .640
 Suráfrica 11 3 8 .272
 Australia 10 4 6 .400
 Arxentina 1 0 1 .000
 Xapón

Títulos de conferencia[editar | editar a fonte]

Dese 2011 os equipos do Super Rugby están organizados por conferencias. A seguinte é unha lista dos campións de cada conferencia ano a ano. Cómpre destacar que nas temporadas de 2016 e 2017 non houbo tres conferencias, senón que se fixeron dous grandes grupos divididos en dúas conferencias cada un.

Ano Australia Nova Zelandia Suráfrica
2011 Reds Crusaders Stormers
2012 Reds Chiefs Stormers
2013 Brumbies Chiefs Bulls
2014 Waratahs Crusaders Sharks
2015 Waratahs Hurricanes Stormers
2018 Waratahs Crusaders Lions
2019 Brumbies Crusaders Jaguares

Récords[editar | editar a fonte]

Dan Carter cos Crusaders.

[[Ficheiro:2015 Rugby World Cup, South Africa vs. USA (21845972899).jpg|miniatura|Bryan Habana con

Australia.]]

Históricos
Nunha temporada
Nun xogo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]