Club Atlético Peñarol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peñarol
Nome Club Atlético Peñarol
Alcume(s) Manyas, Aurinegros, Carboneros, Mirasoles, Campeón del Siglo
Fundación 28 de setembro de 1891 (como CURCC)
Estadio José Pedro Damiani e
Estadio Centenario
Capacidade 12.000 / 65.000
Presidente Flag of Uruguay.svg Juan Pedro Damiani
Adestrador Flag of Uruguay.svg Jorge da Silva
Liga Primeira División de Uruguai
2012–13
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Club Atlético Peñarol é un club de fútbol uruguaio da cidade de Montevideo, fundado o 28 de setembro de 1891 co nome Central Uruguay Railway Cricket Club (ou CURCC), que compite na Primeira División de Uruguai. Dende os primeiros anos do club, as súas cores identificativas son o negro e o amarelo.

Seccións[editar | editar a fonte]

Trofeo da IFFHS ó mellor club sudamericano do século XX.

No Peñarol existen diversas seccións deportivas, e ó marxe da de fútbol, tamén cabe salientar as seccións de ciclismo, fútbol sala e baloncesto. A sección de baloncesto gañou varios torneos nacionais, e en 1983 proclamouse campión de Sudamérica. Non obstante, a sección desapareceu en 1997 por razóns económicas. Pola súa parte, a sección de fútbol sala ten acadado tamén varios títulos de liga, chegando a gañar o Campionato Mundial Interclubes en 1987.

No que atinxe á sección de fútbol, ésta é a máis laureada e popular do club, facendo do Peñarol o equipo con mais campionatos profesionais en Uruguai (37 títulos). Sumando os títulos profesionais e os títulos da época non profesional, o total de títulos nacionais de liga do Peñarol acada a cifra de 48. A nivel internacional, é o 3º club con mais títulos da Copa Libertadores (5), e en 1982 convertiuse no primeiro club do mundo en conquistar 3 veces a Copa Intercontinental.

A IFFHS proclamou ó Peñarol como mellor club do século XX en Sudamérica, por diante do Club Atlético Independiente arxentino e do seu máximo rival, o Club Nacional de Football, 2º e 3º.

Estadio[editar | editar a fonte]

O Peñarol ten un estadio da súa propiedade, chamado José Pedro Damiani en memoria dun dos antigos presidentes do club. Este estadio ten capacidade para acoller a 12.000 seareiros, un aforo inferior ó que precisa o club, xa que a súa masa social e moito maior. Por iso o Peñarol leva varias décadas xogando os seus encontros como local no Estadio Centenario, de titularidade consistorial, e cuxa capacidade é de 65.236 persoas.

Seareiros do Peñarol no Estadio Centenario.

Palmarés[editar | editar a fonte]

O Peñarol é o club uruguaio con mais títulos de liga, con 48. En competicións continentais o Peñarol ten disputado 10 finais da Copa Libertadores, record absoluto, gañando 5 e perdendo nas outras 5. Na tempada 2011 caeu fronte ó Santos na súa última final.

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

  • Primeira División de Uruguai (49) = 1900, 1901, 1905, 1907, 1911, 1918, 1921, 1924, 1926, 1928, 1929, 1932, 1935, 1936, 1937, 1938, 1944, 1945, 1949, 1951, 1953, 1954, 1958, 1959, 1960, 1961, 1962, 1964, 1965, 1967, 1968, 1973, 1974, 1975, 1978, 1979, 1981, 1982, 1985, 1986, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1999, 2003, 2009-10, 2012-13

Torneos continentais[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Alberto Spencer en 1966.

Entre os centos de xogadores que teñen defendido as cores do Peñarol, algúns deles son especialmente salientables. É o caso de Alberto Spencer (máximo goleador da historia da Copa Libertadores); Obdulio Varela, Alcides Ghiggia e Juan Schiaffino (capitán e goleadores de Uruguai no Maracanazo); Fernando Morena (máximo goleador histórico do club); etc.

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Estoyanoff.
Posto País Xogador
1 POR Flag of Argentina.svg Danilo Lerdi
2 DEF Flag of Uruguay.svg Juan Álvez
3 MED Flag of Uruguay.svg Marcel Novick
4 DEF Flag of Uruguay.svg Alejandro González
5 MED Flag of Uruguay.svg Nicolás Freitas
6 DEF Flag of Uruguay.svg Marcelo Silva
7 MED Flag of Uruguay.svg Bruno Montelongo
8 DEF Flag of Uruguay.svg Emilio MacEachen
9 MED Flag of Uruguay.svg Facundo Gichón
10 DIA Flag of Argentina.svg Maximiliano Pérez
11 DIA Flag of Uruguay.svg Fabián Estoyanoff
12 POR Flag of Uruguay.svg Fabián Carini
13 DIA Flag of Uruguay.svg Santiago Silva
Posto País Xogador
14 MED Flag of Uruguay.svg Luis Aguiar
15 MED Flag of Brazil.svg João Pedro
16 MED Flag of Uruguay.svg Jorge Zambrana
17 DIA Flag of Uruguay.svg Marcelo Zalayeta
18 MED Flag of Uruguay.svg Sebastián Rosano
19 MED Flag of Uruguay.svg Nicolás Amodio
20 DIA Flag of Uruguay.svg Rodrigo Mora
21 POR Flag of Uruguay.svg Leandro Gelpi
22 DEF Flag of Uruguay.svg Darío Rodríguez (Cap.)
23 DEF Flag of Uruguay.svg Carlos Valdez
24 MED Flag of Uruguay.svg Emiliano Albín
25 MED Flag of Uruguay.svg Sebastián Cristóforo

Actualizado 4 de maio de 2012

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]