Gran Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Británica")
Gran Bretaña - Great Britain
Vista da illa
Satellite image of Great Britain and Northern Ireland in April 2002.jpg
Datos
Capital Londres
País Reino Unido
Localización Océano Atlántico
Arquipélago Illas Británicas
Linguas
Poboación (2008) 59.608.000 hab. aprox.
Superficie 209.331 km²
Densidade
Coordenadas 53°49′34″N 2°25′19″W / 53.826°N 2.422°W / 53.826; -2.422Coordenadas: 53°49′34″N 2°25′19″W / 53.826°N 2.422°W / 53.826; -2.422
Maior Altura 1.344 m. Ben Nevis
Localización
Localización da illa

Gran Bretaña é a maior illa de Europa, situada no noroeste deste continente, entre o mar do Norte, o Golfo de Irlanda e o Canal da Mancha.

División Política[editar | editar a fonte]

A illa conforma a maior parte do Estado de Reino Unido, e está dividida en tres dos países que o conforman: Inglaterra, no centro-sur da illa; Escocia, no norte; e Gales, no centro-oeste.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Gran Bretaña atópase ao noroeste da Europa continental e ao leste de Irlanda. Está separada do continente polo Mar do Norte e o Canal da Mancha, que reducese a 34 km. no Estreito de Dover.[1] Ocupa unha superficie de 209.331 km², excluindo todas as illas pequenas ao redor do arquipélago.[2] O Canle do Norte, o Mar de Irlanda, o Canal de San Xurxo e o Mar Céltico separan a illa da illa de Irlanda ao oeste.[3] A illa atópase conectada fisicamente coa Europa continental a través do Canal da Mancha, co máis longo túnel ferroviario submarino do mundo que se completou en 1993. Xeograficamente, a illa caracterízase por unha paisaxe baixa, con suaves outeiros no leste e o sur, mentres que os outeiros e montañas predominan nas rexións occidentais e norteñas. Está rodeado por máis de 1.000 pequenas illas e illotes. A maior distancia entre dous puntos é de 968 km. (entre Land's End, Cornualles e John O'Groats, Caithness), ou 1.349 quilómetros usando a rede viaria nacional.

O Canal da mancha crese que creouse entre 450.000 e 180.000 anos atrás. Ao redor de 10.000 anos atrás, durante o Último período glacial ca baixa do nivel do mar, Gran Bretaña non era unha illa, senón unha rexión de terras altas do norte de Europa occidental, situada parcialmente debaixo da capa de xeo de Eurasia. O nivel do mar estaba 120 m. más baixo que en hoxe en día, e o leito do Mar do Norte estaba seco e actuou como unha ponte de terra a Europa, agora coñécese como Doggerland. Xeneralmente se pensa que o nivel do mar subiu gradualmente logo do final do último período glacial da idade de xeo actual, Doggerland quedou mergullado baixo o Mar do Norte, cortando o que antes era a península británica do continente europeo en torno ao 6.500 antes de Cristo.

Historia[editar | editar a fonte]

Ver artigo principal: Historia de Gran Bretaña

Esta illa é o centro do Reino Unido, e como tal, a súa historia avanza xunto a del. O sur de Gran Bretaña foi conquistado polos romanos. Durante as invasións bárbaras, foi invadida polos saxóns.

Durante a Idade Media estivo dividida entre os actuais países que a conforman hoxe, cunha moi clara hexemonía sobre os demais de Inglaterra. Aínda que Gales pronto caeu no poder de Inglaterra, Escocia non se uniu a ela moito despois.

Durante a Idade Moderna, o Reino Unido foi acadando cada vez máis poder, e na Idade Contemporánea converteuse no Estado máis poderoso do mundo, cando era chamada Imperio Británico, e foi onde primeiro chegou a Revolución Industrial, converténdose así esta illa nunha das rexións máis importantes do mundo.

O ser unha illa axudou moito ó Reino Unido a defenderse do exterior, frustrando así os intentos de invasión doutros países: España durante o reinado de Filipe II, Francia durante o reinado de Napoleón, e Alemaña durante o seu bloqueo da I Guerra Mundial e durante a súa invasión aérea na II Guerra Mundial.

Poboación[editar | editar a fonte]

A poboación é moi heteroxénea desde hai séculos nesta illa.

Relixión[editar | editar a fonte]

Hai en Gran Bretaña unha división relixiosa: calvinistas e outros protestantes, anglicanos e católicos. A Idade Moderna foi moi convulsa para a illa debido ás persecucións relixiosas, e por esta razón houbo tantos emigrantes ingleses cara as terras extraeuropeas que tiña naquel momento o Reino Unido.

Etnias[editar | editar a fonte]

Tamén hai moita diversidade no sentido de razas e culturas, pois a parte de dividirse entre galeses, escoceses e ingleses, o feito de que Londres fora o centro dun inmenso imperio colonial atraeu durante o século XX a moitos inmigrantes das colonias, de orixe india, africana, caribeña etc.

Idiomas[editar | editar a fonte]

Hoxe en día, fálanse en Gran Bretaña catro linguas principais, á parte das que falan as comunidades de inmigrantes doutros países: o inglés, o galés, o escocés e o gaélico escocés, con moi claro predominio da primeira, pois fálase por practicamente toda a poboación, mentres que as outras tres son faladas por minorías mesmo en Gales e Escocia.

Cidades[editar | editar a fonte]

Inglaterra[editar | editar a fonte]

Escocia[editar | editar a fonte]

Gales[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. accessed 14 November 2009
  2. United Nations Environment Programme (UNEP) ISLAND DIRECTORY TABLES "ISLANDS BY LAND AREA". Retrieved from http://islands.unep.ch/Tiarea.htm on 13 August 2009
  3. "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition + corrections". International Hydrographic Organization. 1971. p. 42 [corrections to page 13]. http://www.iho-ohi.net/iho_pubs/standard/S-23/S23_1953.pdf. Consultado o 14 August 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Bretaña Modificar a ligazón no Wikidata