Canal de San Xurxo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O canal de San Xurxo (en inglés: St George's Channel) é un canal que separa Gales de Irlanda, conectando o mar de Irlanda co norte do océano Atlántico. Ten 160 km de lonxitude e entre 81 e 145 km de ancho. Esta canle é de augas poucos profundas, aínda que ao final da última glaciación anegouse polos cambios de nivel das augas mariñas.
O nome do canal provén da lenda do século XIV segundo a cal, San Xurxo viaxou dende Turquía até Inglaterra. A lenda di que chegou á maior das illas británicas polo canal que leva o seu nome.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |