Leicester

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leicester
National Space Centre
Leicester UK locator map.svg
País Inglaterra, Reino Unido
Condado Leicestershire
Poboación 305.700 (2010)

Leicester é unha cidade de Inglaterra, capital do condado de Leicestershire, e unha das cidades máis importantes da provincia das Midlands do Leste. A súa poboación é de 305.700 habitantes (441.213 no total da súa área urbana), o que significa que é a 10ª cidade máis grande do Reino Unido.

Conserva salientables ruínas da época romana, cando o pobo se chamaba Ratae Corieltauvorum. Na idade Media foi unha das 5 cidades fortificadas polos dinamarqueses no Danelaw. Nos seguintes séculos foi un centro de comercio local. Coa revolución industrial chegou o ferrocarril e o crecemento. Actualmente é unha das cidades inglesas cunha maior presenza de minorías étnicas, por mor da inmigración de xente do sur de Asia.

Un dos seus reclamos turísticos máis importantes é o National Space Centre, no cal expóñense diversos vehículos espaciais.

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]