H
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa lingüística que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: H (homónimos).
|
|
|||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| A | B | C | D | E | |||
| F | G | H | I | L | |||
| M | N | Ñ | O | P | |||
| Q | R | S | T | U | |||
| V | X | Z | |||||
|
|
|||||||
O H (hache) é a oitava letra do alfabeto galego, e non representa ningún fonema.
Historia [editar]
| Xeroglífico exipcio reixa |
Proto-semítico ħ |
Fenicio ħ |
Etrusco H |
Grego (H)eta |
||
|---|---|---|---|---|---|---|
|
![]() |
![]() |
![]() |
A letra semítica ח (ḥêṯ) probabelmente representaba a fricativa farínxea xorda ([ħ]). A forma da letra probabelmente representaba unha reixa. O H grego primitivo pronunciábase /h/ mais, con posterioridade, esta letra, eta (Η, η), tornouse nunha vogal longa, /ɛː/.
Tanto o etrusco como o latín contaban co /h/ entre os seus fonemas, mais a maioría das linguas romances perdérono (o romeno tomouno de novo das linguas eslavas viciñas, o castelán desenvolveu un /h/ secundario a partir de F e perdeuno despois e, por outra banda, o /x/ produciu un alófono [h] nalgúns dialectos. En galego emprégase por motivos etimolóxicos.



