Ñ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Latin Ñ.png
Abecedario
A B C D E
F G H I L
M N Ñ O P
Q R S T U
V X Z
Non Galego: J - K - W - Y

O Ñ (eñe) é a décimo terceira letra do alfabeto galego, e representa o fonema nasal velar sonoro /ɲ/.

Índice

[editar] Historia

O Ñ sitúase á dereita do L nos teclados Qwerty para español.

A letra Ñ non ten equivalente no alfabeto romano. Nos primeiros textos en galego este son representábase coas grafías n, ni ou nn, e foi esta última forma a que se acabou impoñendo na súa forma abreviada, ñ [1]. Pola contra en Portugal desde 1265 impúxose nos documentos oficiais nh, de orixe occitana.

Nos mosteiros, e despois nas imprentas, tíñase o costume de economizar letras para aforrar esforzo nas tarefas de copiado e colocación de caracteres; Así, a secuencia «nn» escribíase cun «n» moi pequeno denominado vírgula enriba dun «n» de tamaño normal: «ñ». O mesmo sucedeu en portugués e en galego medieval coa representación de vogais nasais como «an» e «ã».

A letra Ñ foi tomada do castelán nos seguintes idiomas, como parte do seu alfabeto: aragonés, asturiano, aymara, bubi, chamorro, guaraní, mapudungun, mixteco, quechua, tagalo, zapoteco, éuscaro, wolof. O inglés admite o ñ nalgúns préstamos do castelán como «cañón» (a grafía máis común é «canyon»), «jalapeño», ou «El Niño»..

[editar] Outros usos

No bretón emprégase para nasalizar a vogal precedente e non para representar o son /ɲ/, verbigracia a palabra Jañ pronúnciase /ʒã/.

Na escritura latina do tártaro de Crimea representa a consoante velar nasal /ŋ/ (igual son velar do galego "unha".) O mesmo sucede nalgunhas transcricións do quenya

En nauruano representa ao dígrafo "ng", aínda que actualmente a tendencia maioritaria é usar simplemente "ng".

[editar] Grafías equivalentes noutras linguas

Noutras linguas o son /ɲ/ representase de formas diversas:

[editar] Notas

  1. Ramón Mariño Paz, Historia da lingua galega. Sotelo Blanco, 1998, páxina 117-118.

[editar] Véxase tamén

Entradas da enciclopedia que comezan por Ñ

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas