S

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Latin alphabet Ss.png
Abecedario
A B C D E
F G H I L
M N Ñ O P
Q R S T U
V X Z
Non Galego: J - K - W - Y

O S (ese) é a décimo oitava letra do alfabeto galego, e representa o fonema fricativo alveolar xordo.

Usos[editar]

En química, S é a abreviatura do elemento químico xofre.
Escrito en minúscula, é a abreviatura da unidade de medida de tempo segundo.

Erros frecuentes[editar]

Certas palabras procedentes etimoloxicamente dun ex- deben escribirse segundo a normativa con s e non con x debido ó seu uso popular e á súa aparición moi temperá na lingua, en contraste con outros cultismos da mesma familia ou cos correspondentes en castelán que inducen a escribilas erradamente:

Con s Con x
estrema (linde), estremar (deslindar) extremar, extremidade, extremismo, extremoso
estender extensión, extenso, extensivo, extensor
escavar, escavación, escavadora, escava
escusa, escusar
espremer, espremedor
estraño, estrañar, estrañeza, estrañamento
estranxeiro, estranxeiría, estranxeirismo

Véxase tamén[editar]

Entradas da enciclopedia que comezan por S