Bojan Bogdanović

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bojan Bogdanović
New York Knicks – No. 44
Posición Escolta / Ala
Información persoal
Nacemento 18 de abril de 1989 (34 anos)
Mostar, RS Bosnia e Hercegovina, RFS de Iugoslavia
Nacionalidade Croacia Croacia
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 102 kg (216 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2011 / Rolda: 2 / Elección: 31
Por Miami Heat
Carreira 2004−presente
Historial de equipos
Zrinjski Mostar (2004–2005)
Real Madrid (2005–2009)
→Zrinjski Mostar (2005–2006)
Murcia (2008–2009)
Cibona Zagreb (2009–2011)
Fenerbahçe (2011–2014)
Brooklyn Nets (2014–2017)
Washington Wizards (2017)
Indiana Pacers (2017–2019)
Utah Jazz (2019–2022)
Detroit Pistons (2022–2024)
New York Knicks (2022–presente)

Bojan Bogdanović, nado o 18 de abril de 1989 en Mostar, RS Bosnia e Hercegovina, RFS de Iugoslavia, é un xogador croata de baloncesto profesional que xoga nos New York Knicks da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bogdanović comezou a súa carreira no baloncesto en 2004 no equipo da súa cidade natal, o Zrinjski Mostar, onde xogou durante unha tempada. En 2005, asinou un contrato por cinco anos co Real Madrid da Liga ACB, pero para a tempada 2005-06 foi cedido ó Zrinjski Mostar. Nas dúas tempadas seguintes xogou co equipo júnior do Real Madrid, e na tempada 2008-09 foi cedido ó CB Murcia.

En agosto de 2009, Bogdanović asinou un contrato por catro anos co KK Cibona. En xullo de 2010, asinou unha extensión de tres anos do seu contrato.[1] Tras a tempada 2010-11, rompeu o seu contrato co Cibona.[2]

O 19 de xuño de 2011, Bogdanović asinou un contrato por varios anos co Fenerbahçe Ülker.[3] O 23 de xuño de 2011, foi elixido na 31ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Miami Heat. Na mesma noite do Draft foi traspasado ós Minnesota Timberwolves, e despois ós New Jersey Nets.[4][5]

O 22 de xullo de 2014, Bogdanović asinou cos Brooklyn Nets un contrato de tres anos e 10 millóns de dólares.[6]

O 22 de febreiro de 2017, Bogdanović foi traspasado xunto a Chris McCullough ós Washington Wizards, a cambio de Andrew Nicholson, Marcus Thornton e unha elección da primeira rolda do Draft de 2017.[7]

O 8 de febreiro de 2024, os Pistons traspasaron a Bogdanović xunto a Alec Burks ós New York Knicks, a cambio de Evan Fournier, Ryan Arcidiacono, Malachi Flynn, Quentin Grimes e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cibona adds two, extends two". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2014. Consultado o 11 de outubro de 2014. 
  2. "Bojan Bogdanovic to sign with Fenerbahce?". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2014. Consultado o 11 de outubro de 2014. 
  3. "Fenerbahce announces Bogdanovic and Gist". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2014. Consultado o 11 de outubro de 2014. 
  4. "Wolves Complete Five Draft-Night Trades". NBA.com. 24 de xuño de 2011. Consultado o 6 de xullo de 2014. 
  5. "NETS Acquire Draft Rights to Bojan Bogdanovic". NBA.com. 24 de xuño de 2011. Consultado o 6 de xullo de 2014. 
  6. "Brooklyn Nets Sign Bojan Bogdanovic". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2014. Consultado o 11 de outubro de 2014. 
  7. "Wizards Acquire Bojan Bogdanovic and Chris McCullough". monumentalsportsnetwork.com. 22 de febreiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2017. Consultado o 22 de febreiro de 2017. 
  8. "DETROIT PISTONS ACQUIRE QUENTIN GRIMES, EVAN FOURNIER, MALACHI FLYNN, RYAN ARCIDIACONO, TWO FUTURE SECOND ROUND DRAFT PICKS AND CASH CONSIDERATIONS FROM NEW YORK". NBA.com. 8 de febreiro de 2024. Consultado o 8 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]