Donatas Motiejūnas
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Houston Rockets – No. 20 | |
| Ala-pivote/Pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 20 de setembro de 1990 (22 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,13 m (7ft 0 in) |
| Peso | 102 kg (224 lb) |
| Información da carreira | |
| NBA Draft | 2011 / Rolda: 1 / Elección: 20
Escollido por Minnesota T-Wolves |
| Carreira | dende 2007 |
| Historial de equipos | |
| BC Žalgiris Kaunas (2007-2008) BC Aisčiai (2008-2009) Benetton Treviso (2009-2011) Asseco Prokom Gdynia (2011-2012) Houston Rockets (2012-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Donatas Motiejūnas, nado o 20 de setembro de 1990 en Kaunas, é un xogador lituano de baloncesto profesional que xoga nos Houston Rockets da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
NBA [editar]
Motiejūnas foi elixido na 20ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Minnesota Timberwolves, pero foi traspasado xunto a Jonny Flynn aos Houston Rockets a cambio de Brad Miller e Nikola Mirotić (23ª elección do Draft de 2011). Na tempada 2011-12, quedouse outro ano máis xogando en Europa antes de dar o salto á NBA.