Kyle Singler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kyle Singler
Kyle Singler 18-01-14.jpg
Detroit Pistons – No. 25
Aleiro / Escolta
Información persoal
Nacemento 4 de maio de 1988 (25 anos)
Flag of Oregon.svg Medford, Oregón
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso 104 kg (230 lb)
Instituto South Medford
(Medford, Oregón)
Información da carreira
Universidade Duke (2007–2011)
NBA Draft 2011 / Rolda: 2 / Elección: 33

Escollido por Detroit Pistons

Carreira dende 2011
Historial de equipos
CB Lucentum Alicante (2011)
Real Madrid (2011–2012)
Detroit Pistons (2012–presente)
Información en nba.com

Kyle Edward Singler, nado en Medford (Oregón) o 4 de maio de 1988, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Detroit Pistons da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Singler foi elixido na 33ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Detroit Pistons.[1] En agosto de 2011, asinou polo CB Lucentum Alicante ata o remate do lockout da NBA de 2011.[2]

No seu debut na Liga ACB, gañou o premio ó mellor xogador da primeira xornada con 23 puntos, 4 rebotes e 3 asistencias. En dez partidos co Lucentum Alicante, Singler axudou a gañar 7 partidos, acadando 14.4 puntos, 3.4 rebotes e 1.1 roubos por encontro, liderando ó equipo en anotación.

Tras o remate do lockout, Singler escolleu a súa opción de deixar o club, e elixiu fichar polo Real Madrid tras un acordo entre os dous equipos.[3] Singler axudou ó Real Madrid a gañar a Copa do Rei na tempada 2011-12, tras vencer ó FC Barcelona.[4]

O 11 de xullo de 2012, Singler asinou un contrato de varios anos cos Detroit Pistons.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]