Jon Leuer
| Memphis Grizzlies – No. 30 | |
| Ala-pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de maio de 1989 (24 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
| Peso | 103 kg (228 lb) |
| Instituto | Half Hollow Hills West HS |
| Información da carreira | |
| Universidade | Wisconsin |
| NBA Draft | 2011 / Rolda: 2 / Elección: 40
Escollido por Milwaukee Bucks |
| Carreira | dende 2011 |
| Historial de equipos | |
| Skyliners Frankfurt (2011) Milwaukee Bucks (2011–2012) Cleveland Cavaliers (2012–2013) →Canton Charge (2012–2013) Memphis Grizzlies (2013–presente) |
|
| Información en nba.com | |
Jon Leuer, nado o 14 de maio de 1989 en Long Lake, Minnesota, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Memphis Grizzlies da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
O 23 de xuño de 2011, Leuer foi elixido na 40ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Milwaukee Bucks.[1] Durante o lockout, asinou un contrato co Skyliners Frankfurt alemán, cunha cláusula para volver á NBA unha vez rematado o lockout.[2] O 15 de decembro de 2011 asinou un contrato de dous anos cos Bucks.
O 27 de xuño de 2012, Leuer, Jon Brockman, Shaun Livingston e unha elección do Draft foron traspasados ós Houston Rockets a cambio de Samuel Dalembert e varias eleccións do Draft.[3] Foi cortado polos Rockets o 18 de xullo de 2012.[4]
O 20 de xullo de 2012, Leuer fichou polos Cleveland Cavaliers.[5]
O 22 de xaneiro de 2013, Leuer foi traspasado ós Memphis Grizzlies a cambio de Wayne Ellington, Josh Selby e unha futura elección de primeira rolda do Draft.[6]
Notas [editar]
- ↑ http://www.nba.com/draft/2011/prospects/jon-leuer/
- ↑ Jon Leuer signs with Skyliners Frankfurt
- ↑ Rockets Receive 12th Overall Pick Via Trade With Bucks. NBA.com. 27 de xuño de 2012. Consultado o 27 de xuño de 2012.
- ↑ http://www.nba.com/2012/news/07/18/houston-lin.ap/index.html
- ↑ Cavaliers Claim Jon Leuer Off Waivers from Houston
- ↑ "Cavaliers Acquire Speights, Ellington, Selby and Future First Round Pick From Grizzlies". NBA.com. 2013-01-22. http://www.nba.com/cavaliers/releases/trade-130122. Consultado o 2013-01-22.