DeAndre Liggins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
DeAndre Liggins
Deandre-Liggins.jpg
BC Krasny Oktyabr – No. 14
Escolta
Información persoal
Nacemento 31 de marzo de 1988 (26 anos)
Flag of Illinois.svg Chicago, Illinois
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso 95 kg (210 lb)
Instituto Findley Prep HS
Información da carreira
Universidade Kentucky (2008–2011)
NBA Draft 2011 / Rolda: 2 / Elección: 53

Escollido por Orlando Magic

Carreira dende 2011
Historial de equipos
Orlando Magic (2011-2012)
Oklahoma City Thunder (2012-2013)
Tulsa 66ers (2012-2013)
Sioux Falls Skyforce (2013-2014)
Miami Heat (2014)
Sioux Falls Skyforce (2014)
Krasny Oktyabr (2014-presente)

DeAndre Desmond Liggins, nado o 31 de marzo de 1988 en Chicago, Illinois, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente xoga nos BC Krasny Oktyabr da VTB United League.

Traxectoria universitaria[editar | editar a fonte]

Liggins xogou tres anos para a Universidade de Kentucky. Pasou os seus dous primeiros anos saíndo case sempre dende o banco, pero no seu ano coma junior, o adestrador John Calipari decidiu poñelo de titular. O remate da tempada, Liggins declarouse elixible para o Draft da NBA de 2011.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 23 de xuño de 2011, Liggins foi elixido na 53ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Orlando Magic.[1] Fixo o seu debut na NBA para Orlando nun partido fóra da casa contra os Milwaukee Bucks, onde conseguiu 3 puntos en 10 minutos de xogo.[2]

O 12 de setembro de 2012, asinou cos Oklahoma City Thunder.[3] Durante a tempada 2012-13, foi asignado en varias ocasións ós Tulsa 66ers, afiliado dos Thunder na NBA Development League.[4] O 6 de setembro de 2013, foi cortado polos Thunder.[5]

O 25 de febreiro de 2014, Liggins asinou un contrato de dez días cos Miami Heat.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]