KK Cibona
|
||
|---|---|---|
| Competición | NLB League A1 Liga |
|
| Fundado | 1946 | |
| Cidade | ||
| Pavillón | Dražen Petrović Hall (5.400) | |
| Cores | Azul e branco | |
| Presidente | Zdenko Antunović | |
| Adestrador | Josip Vranković | |
| Euroliga | 2 (1985, 1986) | |
| Recopa | 2 (1982, 1987) | |
| Copa Korać | 1 (1972) | |
| A1 Liga | 15 (1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2004, 2006, 2007, 2009) | |
| YUBA Liga | 6 (1971, 1977, 1988, 1989, 1990, 1991) | |
| Krešimir Ćosić | 6 (1995, 1996, 1999, 2001, 2002, 2009) | |
| Copa de Iugoslavia | 7 (1969, 1980, 1981, 1982, 1983, 1986, 1988) | |
| Tripla coroa | 1 (1985) | |
| Uniforme | ||
| Sitio Web | www.cibona.com | |
O Košarkaški klub Cibona Zagreb, comunmente coñecido como Cibona Zagreb, é un club de baloncesto da cidade de Zagreb, Croacia. Actualmente compite na A1 Liga, a máxima competición do baloncesto croata, así como na Liga do Adriático e a Euroliga. Disputa os seus partidos como local no Dražen Petrović Basketball Hall, cunha capacidade para 5.400 espectadores.
Índice |
Historia [editar]
Foi fundado en 1946 co nome de BC Sloboda (palabra que en croata significa "liberdade"). O club trocou de nome en 1950 para denominarse Lokomotiva ata 1975, cando pasou a denominarse "Cibona" ao adoptar o nome do seu patrocinador, unha empresa de alimentación. A inxección económica que supuxo a chegada do patrocinador, e a aparición dunha extraordinaria xeración de xoves xogadores croatas permitiu que o club vivira os seus mellores nos anos oitenta cando, liderados por Dražen Petrović, converteuse nun dos mellores conxuntos de Europa. Chegou a conquistar dúas copas de Europa, dúas Recopas de Europa e unha Copa Korać, ademais de dominar claramente o baloncesto iugoslavo. Trala desintegración de Iugoslavia, o Cibona consolidouse como un dos dous grandes dominadores do baloncesto croata, xunto ao KK Split.
Curiosidades [editar]
Ao comezo da Guerra dos Balcáns en 1991, o equipo viuse obrigado a emigrar para poder xogar os seus partidos nunha zona co mínimo de garantías esixidas pola FIBA. Porén estivo xogando durante dous anos en España (tempadas 1991-92 e 1992-93), concretamente en Puerto Real (Cádiz), onde xa xogara anos atrás (1986 e 1987) no Torneo Internacional de Baloncesto Real Villa de Puerto Real, Memorial Héctor Quiroga, que se celebrou entre os anos 1984 e 1991 e que foi considerado na súa época como un dos mellores torneos de verán de baloncesto de España e Europa.
Pavillón [editar]
- Artigo principal: Dražen Petrović Basketball Hall.
O KK cibona xoga os seus encontros coma local no Dražen Petrović Basketball Hall (en croata: Košarkaški centar Dražen Petrović ou Dvorana Dražen Petrović). É un pavillón deportivo cuberto, situado en Zagreb, cunha capacidade para 5.400 espectadores.
O pavillón foi construído en 1987, coñecido entón co nome de Cibona Sports Center. En 1993 cambiou ao nome coma homenaxe ao lendario xogador croata de baloncesto de Europa e a NBA, membro do Basketball Hall of Fame, Dražen Petrović. Petrović, que xogou no Cibona Zagreb, morrera ese mesmo ano, con tan só vinte e oito anos, anos nun accidente de tráfico, na metade da súa carreira.
Palmarés [editar]
Local [editar]
- 15 Ligas croatas: 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2004, 2006, 2007 e 2009.
- 6 Copas croatas: 1995, 1996, 1999, 2001, 2002 e 2009.
- 3 Ligas iugoslavas: 1982, 1984 e 1985.
- 7 Copas iugoslavas: 1969, 1980, 1981, 1982, 1983, 1986 e 1988.
Europeo [editar]
- 2 Euroliga: 1985 e 1986.
- 2 Recopas de Europa: 1982 e 1987.
- 1 Copa Korać: 1972.
- 1 Triple Coroa: 1985.
- 1 Euroleague Opening Tournament: 2001.
Xogadores [editar]
Cadro actual [editar]
| KK Cibona 2009-2010 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||