Boeing 367-80

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boeing 367-80
Air to air photo of the Dash 80 FA239925.jpg
Tipo prototipo de avión de pasaxeiros
Fabricante Boeing
Primeiro voo 15 de xullo de 1954
Introducido 1955
Retirado 1970
Estado exposto no Smithsonian Air and Space Museum
Construídos 1


O Boeing 367-80, ou "Dash 80" como foi chamado por Boeing, é un prototipo dun reactor de transporte de pasaxeiros fabricado para demostrar as vantaxes dos avións deste tipo sobre os impulsados por motores de pistóns.

O Dash 80 está considerado o prototipo do avión cisterna KC-135 Stratotanker e do modelo de pasaxeiros Boeing 707. Foi construído en menos de dous anos, lanzandose o proxecto en 1952 e realizando o seu voo de estrea o 15 de xullo de 1954, custando todo o proceso ao redor dos 16 millósn de dólares. Na súa época foi un enorme risco para a Boeing Company, xa que non había clientes comprometidos co proxecto.

Só se fabricou un exemplar do avión. Na actualidade atópase no Steven F. Udvar-Hazy Center, un anexo do Smithsonian Institution's National Air and Space Museum, localizado no aeroporto internacional de Washington Dulles, en Virxinia.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas