McDonnell Douglas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
McDonnell Douglas
Fundación 1967
Localización Berkeley, Missouri
Industria aeroespacial, defensa

McDonnell Douglas foi un gran construtor estadounidense de avións e misíles, fabricando unha gran cantidade de avións famosos tanto civís como militares. Creouse da fusión de das compañías McDonnell Aircraft e Douglas Aircraft en 1967. É parte de Boeing dende 1997.

Historia[editar | editar a fonte]

Orixes[editar | editar a fonte]

A compañía fundouse a partir das firmas de James Smith McDonnell e Donald Wills Douglas. Ambos tiñan orixe escocesa, graduáranse no MIT e traballaran para o fabricante aeronautico Glenn L. Martin Company. Douglas fora enxeñeiro xefe na Martin antes de deixala e crear a Davis-Douglas Company a principios dos anos 20 en Los Angeles. Pouco despois cambiou o nome da campañía para o de Douglas Aircraft Company.

McDonnell fundou J.S. McDonnell & Associates en Milwaukee, Wisconsin no ano 1926. A súa idea era a de producir un avión para o usa familiar. A depresión económica de 1929 arruinou as súas ideas e a compañía derrubouse.