Concorde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Concorde.

O Aérospatiale-BAC Concorde foi un avión supersónico utilizado para o transporte de pasaxeiros ata o 2003, ano no que as compañías aéreas British Airways e Air France deixaron de operar con el.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Foi construído a partir do conxunto dos traballos dos fabricantes British Aircraft Corporation británico e Aérospatiale francés.

En 1969 realizou o seu primeiro voo, entrando en servizo en 1976 e voando durante 27 anos, até a súa saída de circulación en 2003. Os seus principais destinos foron os aeroportos de Heathrow en Londres, Reino Unido, París-Charles de Gaulle en París, Francia, o JFK en Nova York, o Dulles en Washington, ambos dous en Estados Unidos, así como o Aeroporto Internacional "Benito Juárez" da Cidade de México e o Maiquetia, aeroporto que lle serve á cidade de Caracas, Venezuela, sendo estes dous últimos os únicos destinos regulares deste avión en Latinoamérica.

Pode chegar aos destinos na metade do tempo do que tarda un avión comercial convencional debido á súa maior velocidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Concorde

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]