Boeing KC-135 Stratotanker
| Boeing KC-135 Stratotanker | |
|---|---|
| Tipo | repostaxe en voo |
| Fabricante | Boeing |
| Primeiro voo | 31 de agosto de 1956 |
| Introducido | xuño de 1957 |
| Estado | en servizo |
| Produción | 1954 - 1965 |
| Construídos | 803 |
O Boeing KC-135 Stratotanker é un avión militar de repostaxe en voo estadounidense fabricado por Boeing. O avión, ao igual que o Boeing 707, foi desenvolvido a partir do prototipo Boeing 367-80. O KC-135 foi o primeiro repostador en voo da USAF impulsado por reactores e substituíu ao KC-97 Stratotanker. O Stratotanker foi inicialmente destinado a repostar bombardeiros estratéxicos, pero foi usado amplamente na Guerra do Vietnam e en conflitos posteriores como a Guerra do Golfo para ampliar o alcance dos cazas e bombardeiros tácticos da USAF.
Leva servindo na Forza Aérea do Estados Unidos dende 1957, e é un dos seis avións militares de á fixa con máis de 50 anos de servizo co seu operador orixinal. O KC-135 é complementedo polo maior KC-10. A pesar de incrementarse os custes de mantemento, varios estudios chegaron á conclusión de que podería voar ata o ano 2040. O avión será substituído polo Boeing KC-46.