Lockheed Martin F-22 Raptor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
F-22 Raptor
Two F-22 Raptor in flying.jpg
Dous F-22 Raptor en vóo
Tipo caza
Fabricante Boeing e Lockheed Martin
Primeiro voo 29 de setembro de 1990
Introducido 15 de decembro do 2005
Estado en servizo
Produción 1997-2011
Construídos 195

O F-22 Raptor é un avión de combate de alta maniobrabilidade de quinta xeración con tecnoloxía de sixilo construído por Lockheed Martin Aeronautics e Boeing Integrated Defense Systems. Foi deseñado como caza de superioridade aérea da forza aérea de Estados Unidos (USAF), pero pode levar a cabo máis tipos de misións, tales como ataque a terra ou guerra electrónica. O primeiro prototipo (YF-22) voou por vez primeira o 29 de setembro de 1990.

Lockheed Martin é o contratista principal e o responsable da maior parte da estrutura, do sistema de armas e da ensamblaxe final do F-22. O socio do programa é Boeing Integrated Defense Systems e proporciona as ás, a parte traseira da fuselaxe, a integración de aviónica e todos os sistemas de adestramento dos pilotos e do personal de mantemento.

O avión foi designado tanto F-22 como F/A-22 durante os anos anteriores á súa entrada en servizo na Forza Aérea dos Estados Unidos en decembro de 2005 como F-22A. A pesar dun período de desenvolvimento prolongado e custoso, a USAF considera o F-22 como un compoñente fundamental no futuro poder aéreo táctico do seu país, e afirma que o avión non é comparable con ningún caza coñecido ou proxectado, mentres que Lockheed Martin reivindica que a combinación de furtividade, velocidade, axilidade, precisión e conciencia situacional do Raptor, combinadas coas súas capacidades de combate aire-aire e aire-superficie, deberían facer del un dos mellores cazas do mundo actualmente.

Sen embargo, a verdade é que o raptor ten uns custos altos de mantemento e unha serie de problemas técnicos importantes[1] (coma corrosión en partes da fuselaxe, problemas na computadora de abordo, etc[2]) e de mantemento[3], polo cal en 2009 votouse no senado dos USA parar a construcción de máis F-22[4].

  1. "F22 Raptor Exposed - Why the F22 Was Cancelled". https://www.youtube.com/watch?v=KaoYz90giTk.
  2. "F-22 Raptor: Incidentes". http://cssbl.com/aire/f22-incidentes.htm.
  3. "F/A-22 Raptor (Having Maintenance Problems)". https://www.youtube.com/watch?v=sRrWTfAMMkU.
  4. "Senate votes to stop making more F-22 Raptor fighter jets". http://articles.latimes.com/2009/jul/22/nation/na-f-22-plane22.