Ben Ainslie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBen Ainslie

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de febreiro de 1977 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Macclesfield, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSeaview (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónPeter Symonds College (en) Traducir
Truro School
Terra Nova School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura183 cm Editar o valor em Wikidata
Peso82 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónregatista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaReino Unido Editar o valor em Wikidata
Deportevela Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
2020- Emirates Great Britain SailGP Team (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
2012Xogos Olímpicos de 2012 (1º) (medalla de ouro olímpica)
2008Xogos Olímpicos de 2008 (1º) (medalla de ouro olímpica)
2004Xogos Olímpicos de 2004 (1º) (medalla de ouro olímpica)
2000Xogos Olímpicos de 2000 (1º) (medalla de ouro olímpica)
1996Xogos Olímpicos de 1996 (1º) (medalla de prata olímpica) Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGeorgie Thompson
Premios

Páxina webbenainslie.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: BenAinslie1977 Twitter: AinslieBen Instagram: benainslie Olympic.org: ben-ainslie Editar o valor em Wikidata

Charles Benedict Ainslie, nado en Macclesfield o 5 de febreiro de 1977, é un deportista británico que competiu en vela nas clases Laser, Laser Radial e Finn.

Participou en cinco Xogos Olímpicos, en que obtivo en total cinco medallas: prata en Atlanta 1996 (clase Laser), ouro en Sydney 2000 (clase Laser), ouro en Atenas 2004 (clase Finn), ouro en Pequín 2008 (clase Finn) e ouro en Londres 2012 (clase Laser).[1]

En catro ocasión foi nomeado Regatista Mundial do Ano pola Federación Internacional de Vela (1998, 2002, 2008 e 2012).[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vela olímpica[editar | editar a fonte]

En 2012 conseguiu a súa quinta medalla consecutiva en cinco Xogos Olímpicos disputados, igualando en número de medallas olímpicas neste deporte a Torben Grael e superando a Paul Elvstrøm, que era o único con catro medallas de ouro.[3]

Copa América[editar | editar a fonte]

No ano 2000, despois de gañar o ouro olímpico en Sydney, debutou na Copa América co equipo do OneWorld Challenge. En 2004 incorporouse ao Team New Zealand como táctico na campaña da Copa América, para pasar a continuación a ser o temoneiro do barco "B" de adestramento.[4]

Participou na Copa América 2013 como táctico do Oracle Challenge, substituíndo a John Kostecki na sexta regata. O seu equipo adxudicouse a Copa ao vencer o Team New Zealand por 9 a 8 regatas.[5]

En 2014 anunciou a formación dun equipo para representar o Real Escuadrón de Iates na Copa América 2017. Ese equipo, o Ben Ainslie Racing, clasificouse para as semifinais (Challenger Playoffs) da Copa, mais perdeu por 5 a 2 ante o Team New Zealand na eliminatoria ao mellor de nove regatas.[6]

Palmarés internacional[editar | editar a fonte]

Laser
Xogos Olímpicos
Ano Lugar Medalla Clase
1996 Atlanta (Estados Unidos de América Estados Unidos) Prata Laser
2000 Sydney (Australia Australia) Ouro Laser
Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Clase
1996 Simon's Town (Sudáfrica Suráfrica) Bronce Laser
1997 Algarrobo ( Chile) Bronce Laser
1999 Melbourne (Australia Australia) Ouro Laser
2000 Cancún ( México) Bronce Laser
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Clase
1996 Quiberon ( Francia) Ouro Laser
1997 Cascais (Portugal Portugal) Bronce Laser
1998 Breitenbrunn (Austria Austria) Prata Laser
1999 Helsinqui (Finlandia Finlandia) Ouro Laser
2000 Warnemünde (Alemaña Alemaña) Ouro Laser
Laser Radial
Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Clase
1993 Takapuna (Nova Zelandia Nova Zelandia) Ouro Laser Radial
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Clase
1992 Mariestad (Suecia Suecia) Prata Laser Radial
1993 Cagliari (Italia Italia) Ouro Laser Radial
Finn
Xogos Olímpicos
Ano Lugar Medalla Clase
2004 Atenas (Grecia Grecia) Ouro Finn
2008 Pequín ( China) Ouro Finn
2012 Londres (Reino Unido Reino Unido) Ouro Finn
Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Clase
2002 Atenas (Grecia Grecia) Ouro Finn
2003 Cádiz (España España) Ouro Finn
2007 Río de Xaneiro ( Brasil) Ouro Finn
2005 Moscova (Rusia Rusia) Ouro Finn
2008 Melbourne (Australia Australia) Ouro Finn
2012 Falmouth (Reino Unido Reino Unido) Ouro Finn
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Clase
2002 Çeşme (Turquía Turquía) Ouro Finn
2003 Marstrand (Suecia Suecia) Ouro Finn
2004 La Rochelle ( Francia) Prata Finn
2005 Kalmar (Suecia Suecia) Ouro Finn
2008 Scarlino (Italia Italia) Ouro Finn

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Ainslie vive en Seaview na illa de Wight e pertence ao Sea View Yacht Club e é membro honorario do Royal Yacht Squadron. Foi adestrado por David (Sid) Howlett, que participou nos Xogos Olímpicos de Montreal 1976 na clase Finn.[7] É seguidor do Chelsea.[8]

En agosto de 2014, foi unha das duascentas figuras públicas que asinaron unha carta a The Guardian en que expresaban a súa esperanza de que Escocia votase para permanecer no Reino Unido no referendo de independencia de setembro de 2014.[9]

O 20 de decembro de 2014, Ainslie casou coa antiga presentadora de Sky Sports News Georgie Thompson.[10] A parella ten unha filla, Bellatrix, nada en 2016.[11][12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Ben Ainslie» Arquivado 18 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. en Sports-Reference.com (SR/Olympic Sports) (en inglés).
  2. «Rolex World Sailor of the Year Awards» Arquivado 06 de xullo de 2019 en Wayback Machine.. Páxina web da ISAF (en inglés).
  3. «Ben Ainslie wins fourth Olympics sailing gold medal». BBC Sport, 5 de agosto de 2012 (en inglés).
  4. «Ben Ainslie racing». The Telegraph, 10 de xuño de 2014 (en inglés).
  5. «America's Cup: Ben Ainslie's USA beat Team New Zealand in decider». BBC Sport, 25 de setembro de 2013 (en inglés).
  6. «Britain's America's Cup dream over as Sir Ben Ainslie's challenge ends in 5-2 defeat to New Zealand». The Telegraph, 8 de xuño de 2017 (en inglés).
  7. «David Howlett shines as Britain's 'medal maker'». The Telegraph, 22 de abril de 2008 (en inglés).
  8. Elaine Bunting (5 de agosto de 2012). "20 things about Ben Ainslie". yachtingworld.com. Consultado o 10 de agosto de 2012. 
  9. "Celebrities' open letter to Scotland – full text and list of signatories | Politics". theguardian.com. 7 de agosto de 2014. Consultado o 26 de agosto de 2014. 
  10. "Ben Ainslie Marries". YBW. 23 de decembro de 2014. Consultado o 3 de xaneiro de 2015. 
  11. "Always Sunny in Ainslie Land". 26 de xullo de 2016. Consultado o 2 de agosto de 2016. 
  12. Sheridan, Emily (21 de xullo de 2016). "'Our little star has arrived': Sir Ben Ainslie and wife Georgie welcome their first child Bellatrix". Daily Mail. Consultado o 2 de agosto de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]