Jan Neruda
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jan Neruda, nado en Praga o 9 de xullo de 1834 e finado na mesma cidade o 22 de agosto de 1891, foi un escritor checo.
Traxectoria [editar]
Atinxiu os campos da novela, do teatro, da poesía e do conto. Foi un dos principais representantes do realismo checo e membro da chamada Escola de Maio. A súa principal obra é Contos de Malá Strana (1877), un libro de relatos sobre a burguesía deste sonado barrio de Praga.
O seu apelido foi tomado polo escritor chileno Ricardo Neftalí Reyes Basoalto para crear o pseudónimo co que é coñecido, Pablo Neruda.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Biografía e obras de Jan Neruda en Lecturalia (en castelán).