Josef Proksch
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Josef Proksch, nado o 4 de agosto de 1794 en Liberec e finado o 20 de decembro de 1864 en Praga, foi un pianista e compositor checo de ascendencia alemá.
Traxectoria[editar]
Quedou cego aos 17 anos. Era alumno de Jan Antonín Koželuh. En 1830, Proksch abriu unha Musikbildungsanstalt (Academia de Música) en Praga. O seu método de ensinar a varios estudantes a tocaren de maneira simultánea nas clases de piano foi continuado durante máis dun século. O seu alumno máis famoso foi Bedřich Smetana, quen recibiu leccións de piano e teoría musical de 1843 a 1847.