Antón Abade
Antón Abade, nado en Come (actual Qiman al-Arus, na rexión de al-Wastah) cara ao 260 e finado cara ao 365, foi un eremita exipcio, un dos precursores do monacato cristián.
Índice |
Traxectoria [editar]
Fontes [editar]
As principais fontes para trazar a súa vida son as súas cartas, a biografía mitificada e idealizada Vida de Antón de Atanasio de Alexandría, crónicas e lendas coptas, a Historia Eclesiástica de Sozomeno e a Crónica de Xerónimo e un escrito do Serapión de Thmuis.
Vocación [editar]
Nado no seu dunha familia rica, refugou unha educación letrada e, unha vez que morreron os seus pais, ocupouse do coidado da súa irmá. Cando oíu nunha igrexa a frase de Xesús de Nazaret no Evanxeo de Mateo: vende todo o que tes, repárteo entre os pobres, ven e sígueme, entendeu que ese dito se dirixía a el e así o fixo, deixando só unha parte para a súa irmá.
Con posterioridade, impactoulle o consello de Xesús: non vos preocupedes polo mañá, polo que deixando á súa irma ao coidado dunhas amigas cristiás, comezou unha vida de ascese e abandono. Convertido da súa condición de nobre, empezou a traballar coas súas mans seguindo o mandato de Paulo de Tarso quen non traballe, que non coma. Co froito do seu traballo compraba algo de pan para el e o resto entregábao entre os necesitados.
Comezou a visitar a homes con sona de santidade:
Ascese [editar]
Primeiro viviu dentro dunha tumba ás aforas da cidade ata os 35 anos. Máis tarde foise a habitar a unha fortaleza abandonada no deserto, levando a ela pan para seis meses e encerrándose alí para non ser amolado. Viviu unhas duras batallas espirituais; segundo as crónicas míticas, o demo facíalle aparecer moedas de ouro para provocarlle cobiza, mulleres sensuais para excitar a súa luxuria, feras monstruosas para facerlle caer no pecado do medo. A súa sona de santidade foise espallando e moitos tentaron forzar a entrada do seu refuxio:
Carisma [editar]
Comezou a ter sona de taumaturgo e tamén de mestre:
Predicaba que non había que temer aos demos e consideraba aos eremitas como un escudo contra eles:
Contra os demos había, segundo el, que estar vixilantes pero non temorosos e teimaba na necesidade de discernir entre espíritos bos e os diaños:
Pola contra, os espíritos malignos se distinguen porque.
O carisma de Antón provocou que moitos imitaran á súa vida e se retiraran ao deserto, creando as primeiras comunidades monásticas do cristianismo dun xeito significativo, se ben estas non tiñan unha regra como a que posteriormente redactaron Basilio o Grande en Oriente ou Bieito de Nursia en Occidente. Atanasio describe estas comunidades de xeito idealizado:
Vida pública [editar]
No ano 311, coa persecución dos cristiáns polo Emperador Maximino, volveu a Alexandría para confortar aos prisioneiros nas cárceres e as minas e, en moitos casos, para acompañalos á morte. Moitos monxes seguiron o seu exemplo ata o punto que o perfecto ordenou que non se achegaran á cidade. Antón desafiou a orde.
Pasado este episodio, intensificou a súa ascese e afastouse máis no corazón do deserto, no que chamou a súa montaña interior. Alí, segundo as crónicas, as feras do campo vivían en paz con el e mesmo o protexían.
Regularmente, acudía ao monte Pispir, a súa montaña exterior, para atender aos que a el acudían, xentes de toda clase e condición, incluídos xuíces cos seus condenados. Aos xuíces lembráballes que co mesmo xuízo que eles aplicaran serían xulgados.
Facía cestos para gañarse o pan, curaba enfermos e repartía esmolas. O seu carisma ía en aumento, pero el procuraba ser exemplo de sinxeleza:
O Emperador Constantino e os seus fillos Constancio e Constante mandáronlle cartas que el, ao principio, refugou contestar. Ante a insistencia dos monxes, que lle lembraban que agora os emperadores eran cristiáns, acordou responder lembrando a estes que o único Rei de reis era Cristo, e lles pedía que amaran aos homes, e que se preocuparan pola xustiza e polos pobres
No ano 337 volveu á cidade a predicar contra o arrianismo en defensa da fe definida no Concilio de Nicea, nun momento en que aquela corrente tiña o apoio das autoridades. Púxose de parte do bispo Atanasio que foi desterrado múltiples veces e acusado de varios delitos. Considerou que na Igrexa o altar estaba corrompido e o goberno en mans de bestas.
Mantivo polémicas con sabios pagáns e platónicos que se burlaban del por consideraren ridícula a crenza na encarnación e nun Deus crucificado. Atanasio reprochaba aos pagáns esquecérense do Creador, de creren en fábulas e aos platónicos de sosteren que caída das almas provocada pola Mente Suprema ao tempo que consideraban aquelas imaxes desta. Con isto incorrían en blasfemia contra o Pai da Mente Suprema que era Deus.
Final e reliquias [editar]
Finalmente, adiviñando a súa morte, pediu aos discípulos que non o enterraran como os exipcios que gardaban os cadáveres nas casas, senón que o soterraran nun lugar secreto para que o seu corpo non fora venerado. Porén no ano 561 afirmouse que o seu corpo fora atopado e trasladouse a Alexandría. No ano 635 levouse a Constantinopla. Dende 1491 atópase na Igrexa de St. Julien en Arlés (Francia).
Significación [editar]
A Vida de Antón foi un dos libros máis lidos na Cristiandade tardorromana, provocou unha explosión de eremitismo e a súa influencia permaneceu ao longo da Idade Media. Antón Abade é moi venerado na Igrexa Ortodoxa Copta. A Igrexa Católica celebra a súa festa o 17 de xaneiro. Está considerado patrón dos porcos e en xeral dos animais domésticos, así como dos cesteiros, os pasteleiros e os teceláns.
Para o monacato do cristianismo oriental foi case un paradigma e un prototipo, os ditos dos chamados pais do deserto din beber da súa ensinanza. Representaba un ideal de monxe que todos os ascetas arelaban imitar:
San Antón na cultura popular galega [editar]
San Antón é invocado polos pastores como protector do gando contra os ataques do lobo e das aves rapaces. Contan por terras de Monforte que unha vez andaba un pastor coas cabras no monte pero veu o lobo e colleulle a mellor cabra do rabaño. Axiña caeu de xeonllos e púxose a rezar o responso a San Antón sen que a cabra regresase. Entón quitou a saca que levaba na cabeza para protexerse da choiva e seguiu rezando e, desta vez, o lobo soltou a cabra. Ó ver que agora eran atendidos os seus rezos exclamou: Válgate Dios o Santo, qu'eres ben caprichoso. E nese instante, o lobo deu volta e volveu coller a cabra.
En Maderne recolleuse un ensalmo para protexer o gando das aves rapaces: Aigue maldita, que en el cielo estás escrita con papel y agua bendita, abre as pernas, cerra a cancela, déixame eso que levas que hei rezar a San Antoñín meu que non comas tu nin eu.
Refraneiro [editar]
- Cando era pobriño, todos chamábanme Toniño, agora que teño abondo, pra todos son don Antonio.
- Dazasete de xaneiro, san Antón lacoeiro.
- O porco que é pro lobo, non hai san Antón que o garde.
- Polo santo Antón toda galiña pon. Pola Candelaria, a boa e a mala.
- Porco que se está cebando, non hai san Antón que poda gardalo.
- San Antón a san Roque meteulle preito porque ó seu porquiño traboullo o cadelo.
- Se o deixaran, vendía o porco de san Antón.
Cantigueiro [editar]
- San Antón, gárdame o gado/e mais o meu becerriño,/que está na corte bruando/pola nai: que é pequeniño.
- San Antón o de Padua,/en Portugal leterado,/do perdido fai achado,/ampárame o meu gado,/ate que o sol sexa nado.
- San Antoniño garda o gando,/San Xoan garda as ovellas,/Santa Lucía ás costureiriñas/que andan polas casas alleas [1].
- San Antoniño pequeno/anda no monte co gado,/descalciño pola neve,/chovendo e serebeando.
- San Antoniño pequeno/no monte gardou o gado/todo cuberto de neve,/vestido de colorado.
- San Antonio e o seu porco/iban por un caminiño/íball'o porco dicindo:/dém'unha pinga de viño.
- San Antonio garde o gando/e mais a vaca marela,/e mais a filla máis nova/se non quer gardar a vella.
- San Antonio garde o gando/e mais o meu becerriño/que está na corte bruando/pola nai que é pequeniño.
- San Antonio garde o gando/e máis o meu tesouriño,/que está na corte coa nai/porque é moi pequeniño.
- San Antonio garde o gando e san Xoán as ovellas, e mais as costureiriñas que andan polas casas alleas.
- San Antoño garde as cabras/e san Ramón as ovellas,/tamén garde as costureiras/que andan por portas alleas.
- San Antoño garde os porcos,/san Ramón garde as ovellas,/san Roque os cas de palleiro, santa Rita as costureiras
Copla [editar]
.
Notas [editar]
- ↑ Santa Rita é avogosa dos imposibles.