Raymond Carver
Raymond Clevie Carver Jr., nado en Clatskanie (Oregon) o 25 de maio de 1938 e finado en Port Angeles (Washington) o 2 de agosto de 1988, foi un escritor estadounidense encadrado no chamado Realismo sucio.
Índice |
Traxectoria [editar]
Carver medrou en Yakima (Washington). O seu pai traballaba nun serradoiro e era alcólico. A súa nai traballaba como camareira e vendedora. Tivo un único irmán chamado James Franklyn Carver, nado en 1939.
Perante algún tempo, Carver estudou baixo a tutela do escritor John Gardner, no Chico State College, en Chico (California). Publicou unha morea de relatos en revistas e xornais, incluindo o New Yorker e o Esquire nos que falaba da vida dos obreiros e xente das clases desfavorecidas da sociedade norteamericana. As súas historias foron incluídas nalgunhas das máis prestixiosas compilacións estadounidenses: Best American Short Stories e o Premio O. Henry de relatos curtos.
Carver estivo casado dúas veces. A súa segunda dona foi a poeta Tess Galagher. Alcólico perante a meirande parte da súa vida, Carver reflictiu nos seus relatos os efectos desta dependencia, especialmente nos seus personaxes protagonistas. Era un grande amigo de Tobias Wolff e de Richard Ford, escritores pertencentes tamén ó realismo sucio.
En 1988 foi investido pola Academia Americana das Artes e das Letras.
Realismo sucio [editar]
Os críticos asocian os escritos de Carver ó minimalismo e considéranno como o pai do realismo sucio. Na época da súa morte, Carver estaba considerado un escritor de moda, unha icona que América "non podería darse o luxo de perder", segundo Richard Gottlieb, daquela director da revista New Yorker. Sen dúbida era o seu mellor contador, se cadra o mellor do século xunto con Antón Chéjov, en palabras do escritor chileno Roberto Bolaño. Ó fío desta idea hai que destacar un soberbio conto adicado ós derradeiros días do referido escritor ruso de nome Tres Rosas Amarelas. En 2008 abriu en Madrid a primeira libraría especializada en relatos curtos de España e os seus donos a chamaron "Tres Rosas Amarelas" en honra a este autor.
O seu editor en Esquire, Gordon Lish, exerceu un papel decisivo en concebir o estilo da prosa de Carver. Por exemplo, onde Gardner recomendaba a Carver usas 15 palabras no lugar de 25, Lish instábao a usar 5 no lugar de 15. Perante ese tempo, Carver tamén enviou a súa poesía a James Dickey, daquela editor de poesía da revista Esquire.
Carver morreu de cancro de pulmón con 50 anos de idade.
Obras [editar]
Ficción [editar]
- Neighbors
- They’re Not Your Husband
- Vitamins
- Will You Please Be Quiet, Please?
- So Much Water So Close to Home
- A Small, Good Thing
- Jerry and Molly and Sam
- Collectors
- Tell the Women We’re Going
- What We Talk About When We Talk About Love
- Furious Seasons
- Cathedral
- Where I'm Calling From: New and Selected Stories
- Elephant
- Short Cuts
Poesía [editar]
- All of Us: The Collected Poems
- A New Path to the Waterfall
- Ultramarine
- Where Water Comes Together with Other Water
- At Night the Salmon Move
- Winter Insomnia
- Near Klamath
- So Much Water So Close To Home
Compilacións [editar]
- Fires
- No Heroics, Please
- Call if you Need Me
- Where I'm Calling From