Cuculiformes
| Cuculiformes | ||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación Científica | ||||||||
|
||||||||
| Familias | ||||||||
As cuculiformes son, segundo a ordenación taxonómica tradicional, un orde de aves anatomicamente próximas ás psittaciformes. Coma estas teñen dous dedos anteriores e dous posteriores (cigodáctilas), pero as súas patas son menos prénsiles, cunha musculatura diferente. O bico non ten a parte superior móbil e en forma de gancho coma no caso das psittaciformes e tampouco teñen "cera" nas fosas nasais. As cuculiformes son aves de tamaño mediano, de entre 35 e 65 cm. de lonxitude de longitud. Sus extremidades presentan dos pares de dedos enfrentados (cigodáctilas).
A orde dividiuse tradicionalmente en tres familias:
- Cuculidae, que inclúe os cucos.
- Opisthocomidae, cunha sóa especie, o hoacín.
- Musophagidae, composta polos turacos e outras aves relacionadas.
De tódolos xeitos a taxonomia da orde é moi controvertida na actualidade. A clasificación de Sibley-Ahlquist eleva a familia Musophagidae a rango de orde, co nome de Musophagiformes, e a situación do hoatzin, segue a ser enigmática e propúxose incluílo nunha orde própia, a orde Opisthocomiformes.
A familia cuculidae, que inclúe unhas 140 especies, das que máis de 50 practican o parasitismo reprodutor, é a máis característica da orde. Está composta de aves de tamaño medio e forte dimorfismo sexual. O xénero Crotophaga, da familia Cuculidae constitúe segundo algúns unha familia propia, Crotophagidae.
Sistemática [editar]
- Familia Opisthocomidae , composta por unha única especie, o hoacin o (Opisthocomus hoazin).
- Familia Cuculidae.
- Subfamilia Cuculinae'. xéneros: Cuculus, Geococcyx, Clamator.
- Subfamilia Phaenicophaeinae, con , entre outros xéneros, Coccyzus e Couas.
- Subfamilia Crotophaginae, inclúe o xénero Crotophaga e Guira.
- Subfamilia Neomorphinae.
- Subfamilia: Centropodinae.
- Subfmilia Phaenicophaeinae, xénero Carpococcyx.
Ligazóns externas [editar]
- Lista de Alan Peterson (en inglés)
- Clasificación ITS (en inglés)