Gaviformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Gaviiformes")
Mobellas
Mobella do pacífico
Mobella do pacífico
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Gaviiformes
Wetmore & Miller, 1926
Familia: Gaviidae
J.A. Allen, 1897
Xénero: ''Gavia''
Forster, 1788
Especies

As gaviformes ou mobellas (Gaviiformes), son unha orde de aves acuáticas mergulladoras, cos pés situados moi atrás no corpo. Esta característica fainas moi torpes en terra. Viven no Hemisferio Norte en altas latitudes. Todas as especies de mobella son membros do xénero (Gavia), familia (Gaviidae) e orde (Gaviiformes).

Características[editar | editar a fonte]

miniatura
Silueta da mobella en voo

Son aves de tamaño bastante grande. Nadan afundidos (coma os corvos mariños, non coma os patos). Cando descansan sobre a auga a súa liña de flotación é máis alta cá dos corvos mariños. Ao mergullarse non dan o chimpo característico sacando o corpo fóra da auga, como adoitan facer os corvos mariños. Diferéncianse destes, ademais, por silueta, forma do peteiro (que non é ganchudo) e cola máis curta, o que lles dá un aspecto como de ausencia da mesma. Cando voan, a parte inferior da á é clara, non escura coma a do corvo mariño. Teñen distintas plumaxes, tanto os mozos coma os adultos. Os derradeiros teñen unha plumaxe estival, na época de cría, moi colorista e que diferenza ás especies claramente, e unha plumaxe invernal máis sinxela, onde todas as especies semellanse bastante a primeira vista. Aniñan principalmente en charcas e lagos, en terreos arborados ou tundra, de latitudes norteñas (non máis ao sur de Escocia ou Suecia no referido a Europa).

O niño da mobella non é máis ca un burato en forma de cunca. Está situado sempre preto da auga. Necesítase un nivel de auga estable en torno ao niño. Invernan nas costas, baías ou, ás veces, en lagos, xeralmente en solitario ou en pequenos grupos. Raramente en grandes bandadas. Migran cara ao sur en primavera, de abril a xuño e cara ao norte no outono, de setembro a novembro, xeralmente sobre o mar. Cando voan fano máis alto sobre a auga cós corvos mariños, con batidos de ás rápidos e continuos. O corpo, ao voar, forma unha especie de chepa.

Aliméntanse principalmente de peixe, que atrapan mergullando. Son grandes mergulladoras, desprazándose a grandes distancias baixo a auga.

Especies[editar | editar a fonte]

Hai catro especies coñecidas:

Existe unha subespecie do mobella ártica (Gavia arctica), chamada mobella do Pacífico (Gavia arctica pacifica), que é considerada coma especie por algúns autores.

Imaxes[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Gaviformes
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gaviformes