Johan Petro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johan Petro
Johan Petro 2009.jpg
Atlanta Hawks – No. 10
Pivote
Información persoal
Nacemento 27 de xaneiro de 1986 (27 anos)
Illinois París, Francia
Nacionalidade Francia Francia
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso 112 kg (247 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2005 / Rolda: 1 / Elección: 25

Escollido por Seattle SuperSonics

Carreira dende 2003
Historial de equipos
Élan Béarnais Pau-Orthez (2003-2005)
Seattle SuperSonics/Oklahoma City Thunder]] (2005-2009)
Denver Nuggets (2009-2010)
New Jersey Nets (2010-2012)
Atlanta Hawks (2012-presente)
Información en nba.com

Johan Petro, nado o 27 de xaneiro de 1986 en París, Francia, é un xogador francés de baloncesto profesional descendente de familia de Guadalupe[1] que xoga nos Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA).

Índice

NBA [editar]

Foi seleccionado polos Seattle SuperSonics na 25ª posición do Draft da NBA de 2005. O 7 de xaneiro de 2009, Petro foi traspasado aos Denver Nuggets xunto a unha elección da segunda rolda do Draft da NBA de 2009, a cambio de base Chucky Atkins, unha elección da primeira rolda do Draft de 2009 e compensacións económicas.[2] Os Nuggets rexeitaron a opción de equipo de Petro, facendo del un axente libre non restrinxido. Con todo, aceptaron a súa opción o 27 de agosto de 2009.[3]

O 10 de xullo de 2010, os New Jersey Nets ficharon a Petro, cun contrato de 3 anos cun valor de 10 millóns de dólares.

O 11 de xullo de 2012, os Nets traspasaron a Petro, Jordan Farmar, Jordan Williams, Anthony Morrow, e DeShawn Stevenson ós Atlanta Hawks a cambio de Joe Johnson.[4]

Notas [editar]

  1. Johan Petro NBA Draft Scouting Report Draft Express, May 2005
  2. "Nuggets Acquire Petro from Thunder". NBA.com. 2009-01-07. http://www.nba.com/nuggets/news/nugs_acquire_petro_010709.html. Consultado o 2009-01-07. 
  3. "Nuggets Re-Sign Petro". NBA.com. 2009-08-27. http://www.nba.com/nuggets/news/nuggets_resign_petro.html. Consultado o 2009-08-28. 
  4. Couch, Ben (11 de xullo de 2012). "A Jolt of Joe for the Nets". Brooklyn Nets. http://www.nba.com/nets/news/2012_Offseason_Tracker.html#wallace. Consultado o 11 de xullo de 2012. 

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]