Andray Blatche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andray Blatche
Xinjiang Flying Tigers
Posición Ala-pivote / Pivote
Liga CBA
Información persoal
Nacemento 22 de agosto de 1986 (37 anos)
Syracuse, Nova York
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos / Filipinas
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 118 kg (260 lb)
Información da carreira
Instituto Henninger (Syracuse)
South Kent School (Connecticut)
NBA Draft 2005 / Rolda: 2 / Elección: 49
Por Washington Wizards
Carreira dende 2005
Historial de equipos
Washington Wizards (2005-2012)
Roanoke Dazzle (2005)
Brooklyn Nets (2012-2014)
Xinjiang Flying Tigers (2014-presente)

Andray Maurice Blatche, nado o 22 de agosto de 1986 en Syracuse, Nova York, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Xinjiang Flying Tigers da Chinese Basketball Association (CBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Washington Wizards (2005–2012)[editar | editar a fonte]

Blatche foi elixido na 49ª posición do Draft da NBA de 2005 polos Washington Wizards.[1] Debutou cos Wizards o 11 de novembro de 2005 contra os Seattle SuperSonics, anotando 5 puntos na vitoria de Washington por 137–96.[2] O 17 de agosto de 2007, Blatche asinou un novo contrato cos Wizards,[3] e faría o mesmo tres tempadas máis tarde, o 24 de setembro de 2010, cando recibiu unha extensión do seu contrato.

O 17 de xullo de 2012, os Wizards usaron a cláusula de amnistía para cortar a Blatche.[4]

Brooklyn Nets (2012–presente)[editar | editar a fonte]

O 12 de setembro de 2012, Blatche asinou un contrato cos Brooklyn Nets.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]