Alex Acker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alex Acker
Acker.JPG
Limoges CSP
Escolta
Información persoal
Nacemento 21 de xaneiro de 1983 (31 anos)
Flag of California.svg Compton, California
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso 84 kg (185 lb)
Información da carreira
Universidade Pepperdine
NBA Draft 2005 / Rolda: 2 / Elección: 60

Escollido por Detroit Pistons

Carreira dende 2005
Historial de equipos
Detroit Pistons (2005–2006)
Olympiakos Piraeus BC (2006–2007)
FC Barcelona (2007–2008)
Detroit Pistons (2008–2009)
Fort Wayne Mad Ants (2009)
Los Angeles Clippers (2009)
Olimpia Milano (2009–2010)
Le Mans Sarthe (2010–2012)
Asseco Prokom Gdynia (2012)
Boulazac Dordogne (2013)
ASVEL Lyon-Villeurbanne (2013)
Limoges CSP (2013–presente)

Alex Maurice Acker, nado o 21 de xaneiro de 1983 en Compton, California, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente xoga no Limoges CSP da LNB Pro A francesa. Cun 1,96 metros e 84 kg xoga na posición de escolta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Acker era alumno da Universidade de Pepperdine e foi elixido na segunda rolda do Draft da NBA no 2005 polos Detroit Pistons. Foi asignado á D-League para os Fayetteville Patriots o 27 de febreiro de 2006. Na tempada 2006-2007 fichou polo Olympiakos da Liga Grega, equipo co que acadou 16.5 puntos e 7.5 rebotes na Euroliga e 11 puntos e 3.5 rebotes na liga Helena.

En agosto de 2007 fichou polo AXA FC Barcelona, para ser o substituto de Juan Carlos Navarro. Pese a que realizou unha tempada bastante irregular, nos playoffs tivo grandes actuacións, especialmente ante o Iurbentia Bilbao. Non obstante, o feito dos seus problemas co xeonllo, así como a volta de Navarro a Barcelona, fixeron que o club azulgrana non executase a opción de renovación do seu contrato. [1]

A tempada 2008-09 volta á NBA asinando un contrato polos Detroit Pistons, equipo no que xa militara con anterioridade a súa "etapa" en Europa.[2]

A tempada seguinte, a mediados do mes de febreiro, os Pistons traspasan o xogador xunto a unha segunda elección na 2ª rolda do draft do 2011 a cambio dunha elección na 2ª rolda do draft do 2013 a Los Angeles Clippers, nun movemento no que Detroit pretendía situarse por debaixo do tope salarial para non ter que pagar o imposto de luxo.[3] En agosto de 2009 volta a Europa sendo contratado polo Olimpia Milano.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]