10199 Chariklo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
10199 Chariklo
Comparechariklo2.jpg
Unha comparación entre 10199 Chariklo (esquerda), Plutón (centro), e a Lúa (dereita), baseándose no raio medio.
Descubrimento
Descuberto por James V. Scotti,
Spacewatch
Data do descubrimento 15 de febreiro de 1997
Designacións
Designación alternativa 1997 CU26
Categoría de planeta menor

Centauro[1]

Características Orbitais
E=25-11-2005 (dx= 2.453.700)
Afelio 18,66 UA
Perihelio 13,08
Eixo Semi-maior 15,87 UA
Excentricidade 0,17534
Período Orbital 23.087,2 d (63,17 ax)
Anomalía media 10,6°
Inclinación orbital 23,375°
Lonxitude do nodo ascendente 300,451°
Argumento do perihelio 242,361°
Satélites 2 aneis
Características Físicas
Dimensións 258,6 ± 10,3 km[2]


248 ± 18 km[3]

Albedo 0,05–0,06[2]
Tipo espectral B−V=0.84; V−R=0.50
Magnitude aparente ~18,3[4]
Magnitude absoluta 6,4[1]

10199 Chariklo (designación provisional:1997 CU26) é o centauro máis grande do que se ten coñecemento. Orbita o noso Sol entre Saturno e Urano. O 26 de marzo do 2014, uns astrónomos anunciaron o descubrimento duns aneis o redor de Chariklo gracias a observación dunha ocultación estelar.[5][6]

Chariklo foi descuberta por James V. Scotti do programa Spacewatch o 15 de febreiro do 1997. Chariklo recibe o seu nome da ninfa Cariclo, a muller de Caronte e filla de Apolo.

Un estudo fotométrico do 2001 non foi incapaz de atopar un período definido de rotación.[7] Observacións do espectro infravermello de Chariklo indican a presenza de xeo de auga,[8] a cal podería estar localizada nos seus aneis.[3] A páxina web de Mike Brown catalógao coma un posible candidato a planeta anano, cun diámetro de 232 km.[9]

Tamaño[editar | editar a fonte]

Se alguén sabe a magnitude absoluta (H) e o albedo dun obxecto, pode estima-lo seu tamaño. Pero coma os centauros son corpos semellantes ós cometas de xeo, os cales poden estar expulsando gas, fai moi difícil a estimación dos seus albedos. Ademais, é tamén probable que o albedo dalgúns centauros varíe co tempo e cos seus niveis de actividade.

Cunha magnitude absoluta (H) de 6,4 [1] e un albedo de 0,06, [2] Chariklo é actualmente a maior centauro coñecido cun diámetro estimado de 258 km.[2] 2060 Chiron (230 km / H = 6,5 / albedo = 0,07) é probablemente o segundo máis próximo en tamaño.[2] O centauro perdido 1995 SN55 (H = 6,0) podería ser incluso máis grande, cun diámetro estimado de case 300 km.

Órbita[editar | editar a fonte]

Chariklo fica dentro das 0,09 UA, nunha resonancia orbital de 4:3 con Urano.

Pénsase que os Centauros son orixinarios do cinto de Kuiper e que están en órbitas dinamicamente inestables, o cal vainos levar á expulsión do Sistema Solar, a acabar nun evento de colisión cun planeta ou co Sol, ou evolucionar cara un cometa de período curto.[10]

A órbita de Chariklo é máis estable cás de Nessus, Chiron, e Pholus. Chariklo está dentro das 0,09 AU, nunha resonancia orbital de 4:3 con Urano e estímase que leva nesta órbita uns 10,3 millóns de anos.[11] Simulacións orbitais feitas con 20 ciclos da órbita de Chariklo, suxiren que Chariklo, a partir dos próximos 30.000 anos, non vai a achegarse con regularidade ás 3 UA (450Gm) de distancia respecto de Urano.[12]

Durante a súa oposición perihélica do 2003–4, Chariklo tivo unha magnitude aparente de +17,7.[13] A partir 2012, Chariklo está a 14,1 UA respecto do Sol.[4]

Aneis[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Aneis de Chariklo.

Grazas a observación dunha ocultación estelar ocorrida no 2013, feita con sete telescopios diferentes, os astrónomos foron capaces de determinar que Chariklo ten polo menos dous aneis.[5] Este descubrimento foi publicado na revista Nature. [14][14][3] Isto fai de Chariklo o obxecto de menor tamaño que posúe aneis. Os aneis son probablemente confinados por lúas pastor que aínda non foron descubertas xirando ó redor de Chariklo.[5]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "JPL Small-Body Database Browser: 10199 Chariklo (1997 CU26)". 03-07-2008. http://ssd.jpl.nasa.gov/sbdb.cgi?sstr=Chariklo. Consultado o 21-10-2008.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 John Stansberry, Will Grundy, Mike Brown, Dale Cruikshank, John Spencer, David Trilling, Jean-Luc Margot. astro-ph/0702538 "Physical Properties of Kuiper Belt and Centaur Objects: Constraints from Spitzer Space Telescope". http://arxiv.org/abs/astro-ph/0702538 astro-ph/0702538. Consultado o 26-03-2014.
  3. 3,0 3,1 3,2 Braga-Ribas,F.; Sicardy, B.; Ortiz, J. L.; Snodgrass, C.; Roques, F.; Vieira-Martins, R.; Camargo, J. I. B.; Assafin, M.; Duffard, R.; Jehin, E.; Pollock, J.; Leiva, R.; Emilio, M.; Machado, D. I.; Colazo, C.; Lellouch, E.; Skottfelt, J.; Gillon, M.; Ligier, N.; Maquet, L.; Benedetti-Rossi, G.; Gomes, A. R.; Kervella, P.; Monteiro, H.; Sfair, R.; Moutamid, M. E.; Tancredi, G.; Spagnotto, J.; Maury, A.; Morales, N.; (2014). "A ring system detected around the Centaur (10199) Chariklo". Nature. DOI:10.1038/nature13155.
  4. 4,0 4,1 "AstDys (10199) Chariklo Ephemerides". Department of Mathematics, University of Pisa, Italy. http://hamilton.dm.unipi.it/astdys/index.php?pc=1.1.3.0&n=Chariklo. Consultado o 10-02-2010.
  5. 5,0 5,1 5,2 ESO (26-03-2014). "First Ring System Around Asteroid". European Southern Observatory. http://www.eso.org/public/news/eso1410/. Consultado o 26-03-2014.
  6. Woo, Marcus (26-03-2014). "First Asteroid With Rings Discovere". National Geographic. http://news.nationalgeographic.com/news/2014/03/140326-rings-asteroid-comet-chariklo-centaur-planet-science-space/. Consultado o 26-03-2014.
  7. Peixinho; Doressoundiram (09-11-2000). "Photometric study of Centaurs 10199 Chariklo (1997CU26) and 1999UG5". http://aanda.u-strasbg.fr:2002/papers/aa/full/2001/20/aah2535/aah2535.html. Consultado o 09-11-2006.
  8. Jewitt; Brown (17-04-2001). "Infrared Observations of Centaur 10119 Chariklo with possible surface variation". http://berlinadmin.dlr.de/SGF/acm2002/abstracts/pshort/16-11p.pdf. Consultado o 09-11-2006.
  9. Michael E. Brown. "How many dwarf planets are there in the outer solar system? (updates daily)". California Institute of Technology. http://www.gps.caltech.edu/~mbrown/dps.html. Consultado o 28-04-2012.
  10. Sheppard, Scott S.; Jewitt, David C.; Trujillo, Chadwick A.; (2000). "A WIDE-FIELD CCD SURVEY FOR CENTAURS AND KUIPER BELT OBJECTS". The Astronomical Journal 120 (5): 2687–2694. arXiv:astro-ph/0008445. Bibcode 2000AJ....120.2687S. DOI:10.1086/316805. http://www.iop.org/EJ/article/1538-3881/120/5/2687/200138.text.html. Consultado o 21-02-2008.
  11. Horner, J.; Evans, N.W.; Bailey, M. E.; (2004). Simulations of the Population of Centaurs I: The Bulk Statistics. 354. pp. 798–810. arXiv:astro-ph/0407400. Bibcode 2004MNRAS.354..798H. DOI:10.1111/j.1365-2966.2004.08240.x.
  12. "Twenty clones of Centaur 10199 Chariklo making passes within 450Gm". Arquivado do orixinal o 13-05-2009. http://www.webcitation.org/5gkKzaGwX. Consultado o 09-05-2009. (Solex 10). Consultado o 10-05-2009.
  13. "AstDys (10199) Chariklo (March 2003) Ephemerides". Department of Mathematics, University of Pisa, Italy. http://hamilton.dm.unipi.it/astdys/index.php?pc=1.1.3.1&n=10199&oc=500&y0=2003&m0=3&d0=9&h0=0&mi0=0&y1=2003&m1=3&d1=20&h1=0&mi1=0&ti=1.0&tiu=days. Consultado o 03-04-2009.
  14. 14,0 14,1 "First Ring System Around Asteroid". European Southern Observatory. 26-03-2014. http://www.eso.org/public/news/eso1410/. Consultado o 26-03-2014.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]