Paridade (matemáticas)
Sistema numérico en matemáticas |
---|
Conxuntos numéricos ℕ ⊂ ℤ ⊂ ℚ ⊂ ℝ ⊂ ℂ |
Números destacables |
Outras extensións dos números complexos |
Infinito |
Especiais |
Outros importantes |
Sistemas de numeración |
En matemáticas, un número par é un número enteiro que se pode escribir da forma: 2k (é dicir, divisible de maneira enteira entre 2), onde k é un enteiro (os números pares son os múltiplos do número 2). Os números enteiros que non son pares chámanse números impares e poden escribirse como 2k+1.[1]
Os números pares son:
e os impares:
A paridade dun número enteiro refírese ao seu atributo de ser par ou impar.[2] Comparativamente, dous números son «da mesma paridade» se ao dividilos entre 2 o resto é o mesmo; por exemplo, "2" e "4", ou "3" e "7"; son «da mesma paridade». Polo contrario os números "23" e "44" son «de distinta paridade».
Recoñecemento
[editar | editar a fonte]Se a base de numeración utilizada é un número par (por exemplo, base 10 ou base 8), pódese recoñecer un número par se o seu último díxito tamén é par. Por exemplo, o número en base 10 é par porque o seu último díxito (6) tamén é par. O mesmo sucede co número en base 6
Se a base do sistema de numeración é impar, o número será par se o número de díxitos impares é par. Por exemplo, en base 3 é impar porque 1 é a súa única cifra impar, mentres que é par porque 3 e 1 son os dous díxitos impares.
Propiedades
[editar | editar a fonte]- Dous números enteiros consecutivos teñen paridade diferente.
- Dados tres enteiros consecutivos, dous serán da mesma paridade e un deles será necesariamente de paridade distinta dos outros dous.
Sexan o conxunto dos números pares e o conxunto dos números impares. Se tomamos o conxunto dos números enteiros téñense as seguintes propiedades:
- , onde o macron denota o complementario do conxunto.
Sexa un número par calquera e un número impar calquera. Cúmprese:
- A suma ou subtracción de dous números pares resulta un número par:
- A suma ou subtracción de dous números impares resulta un número par:
- A suma ou subtracción dun número par cun número impar resulta un número impar:
- A multiplicación dun número par por un número par resulta un número par:
- A multiplicación dun número impar por un número impar resulta un número impar:
- A multiplicación dun número par por un número impar resulta un número par:
Tipos especiais de números pares
[editar | editar a fonte]- Os números perfectos son pares.
- Os factoriais dos números naturais diferentes de 1 e 0 son pares.
- Os números congruentes de Fibonacci son todos pares. Segundo a definición de Fibonacci que aparece no seu libro Liber Quadratorum (1225), un número congruente é da forma m·n (m² - n²), con m e n enteiros positivos impares e m > n.