Cándido Rodríguez Losada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cándido Rodríguez Losada
Nacemento19 de xaneiro de 1946
 Celanova
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Cándido Rodríguez Losada, nado en Celanova o 19 de xaneiro de 1946, é un empresario e político galego, do PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia labrega, cando tiña sete anos os seus pais marcharon emigrados a Venezuela e el entrou nun internado para continuar a súa educación en Ourense. Emigrou el tamén a Caracas en 1965, Cándido Rodríguez comezou a frecuentar a Irmandade Galega de Caracas[1].

Membro do comité de dirección do Banco Occidental de Descuento, é tamén o presidente da Asociación de Empresarios Galegos en Venezuela.

Afiliado ao PSOE, o candidato socialista á presidencia da Xunta, Emilio Pérez Touriño solicitoulle figurar nas listas ás eleccións autonómicas de 2001, pero non aceptou. Mais si que aceptou figurar de candidato ao Senado polo PSdeG-PSOE pola provincia de Ourense, pola que saíu elixido nas Xerais de 2004. Non se presentou á reelección nos comicios de 2008. Aínda que segue afiliado ao PSOE e é secretario xeral do PSOE en Venezuela[2], abandonou a primeira fila política e regresou ao seu emprego de director do Banco Occidental de Descuento, en Caracas.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casado e ten unha filla e un fillo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]