Saltar ao contido

Celestino Peleteiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCelestino Peleteiro
Biografía
Nacemento31 de decembro de 1935 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de marzo de 2017 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Senador de España
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata

Celestino Peleteiro Otero, nado en Pontevedra o 31 de decembro de 1935 e finado en Santiago de Compostela o 20 de marzo de 2017,[1] foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Celestino Peleteiro Suárez. Estudou o bacharelato no Instituo Arcebispo Xelmirez de Santiago de Compostela.[2] Foi membro de Acción Católica.[3] Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Mestre mercantil. Abriu bufete de avogado en Ponte Caldelas en 1956,[4] foi presidente do Liceo-Casino de Ponte Caldelas até 1959,[5] e correspondente de El Pueblo Gallego en Ponte Caldelas. Nos anos sesenta trasladouse ao Carballiño, onde foi presidente do Sindicato mixto do Carballiño e presidente do Casino do Carballiño. Nas primeiras lexislativas democráticas de España, as Xerais de 1977, figuraba como número 5, pechando a lista da Unión de Centro Democrático ao Congreso dos Deputados pola Provincia de Ourense. Non saíu elixido, pero aos seguintes comicios, as Xerais de 1979 presentouse na lista da UCD ao Senado e si saíu escollido.[6] Nos seguintes comicios, os de 1982 xa non figurou nas candidaturas centristas.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou coa mestra Beatriz Mellid Muíños.[7]

  1. Necrolóxica
  2. El Correo Gallego, 25-3-1943, p. 2.
  3. El Correo Gallego, 31-8-1950, p. 2.
  4. El Pueblo Gallego, 16-3-1956, p. 12.
  5. El Pueblo Gallego, 22-1-1959, p. 11.
  6. Páxina web do Senado.
  7. El Pueblo Gallego, 21-11-1956, p. 10.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]