Xosé Luís Baltar
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Xosé Luís Baltar | |
---|---|
Nome completo | Xosé Luís Baltar Pumar |
Nacemento | 10 de outubro de 1940 |
Lugar de nacemento | Esgos |
Nacionalidade | España |
Ocupación | presidente da Deputación de Ourense |
Período | 1990 ata 2012 |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé Luís Baltar Pumar, nado en Esgos o 10 de outubro de 1940, é un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mestre, foi alcalde de Nogueira de Ramuín (1976-1995), presidente da deputación provincial de Ourense dende 1990, senador (1993-2000). Foi secretario xeral de Centristas de Galicia ata que ese partido se integrou no PPdeG, do que é presidente provincial.
En xaneiro de 2003 impulsou unha rebelión de deputados ourensáns contra o que entendía era unha deriva de "desgaleguización" do PPdG a raíz da destitución de Xosé Cuíña co gallo da crise do Prestige, ameazando con deixar a Fraga en minoría no Parlamento de Galicia.[1] Como continuación desta liña política, o 20 de setembro de 2004 comunicou a Fraga a súa intención de formar un Partido nacionalista de centro dereita sucesor de Centristas de Galicia, se non se lle daba total liberdade para formar a lista de Ourense para as eleccións autonómicas de 2005 e non se incluía ao defenestrado Cuíña nun posto digno na de Pontevedra. O 4 de outubro Fraga chegou a un acordo con el aceptando estas condicións.[2] En xaneiro de 2010 o seu fillo, José Manuel Baltar Blanco gañaba o XV Congreso provincial do Partido nunha pretendida reafirmación de autonomía e identidade galega e ourensá.[3]
O 24 de xaneiro de 2012, con 71 anos de idade, anunciou publicamente a dimisión dos cargos públicos que mantiña: presidente da Deputación de Ourense, deputado provincial nesa mesma provincia e concelleiro no concello de Ourense, quedando exclusivamente como militante de base do PPdeG. Foi substituído por José Manuel Baltar Blanco.[4]
Predecesor: - |
![]() Alcalde de Nogueira de Ramuín 1976 - 1995 |
Sucesor: José Eugenio Galindo
|
Predecesor: Vitorino Núñez |
![]() Presidente da Deputación de Ourense 1990 - 2012 |
Sucesor: José Manuel Baltar Blanco
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ A gran historia de Galicia, XIV, volume 2. Ed. La Voz de Galicia, pax.193. ISBN 978-84-96931-32-9.
- ↑ Opus cit, pax. 209
- ↑ "Baltar Blanco, nuevo presidente del PP de Ourense" 30/1/2010.
- ↑ Baltar asume la Diputación de Ourense con la promesa de gobernar sin influencias externas 7/2/2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Baltar Pumar, José Luis". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 52. ISBN 84-8064-113-4.