José Rodríguez Reza
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de marzo de 1922 Ourense, España |
Morte | 9 de abril de 2007 (85 anos) Ourense, España |
Senador de España | |
15 de xuño de 1977 – 31 de agosto de 1982 Circunscrición electoral: Ourense | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político , avogado |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | José Rodríguez Bouzo |
José Rodríguez Reza, nado en Ourense o 11 de marzo de 1922 e finado na mesma cidade o 9 de abril de 2007, foi un avogado, empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Rodríguez Bouzo. Estudou o bacharelato en Ourense e a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou. Ben metido no tecido empresarial da cidade, foi director do Hotel Sila, un dos principais hoteis históricos da cidade e tamén conselleiro delegado da cervexeira Cervezas San Martín e das cooperativas agrarias Coren. Presidente da Caixa Rural de Ourense foi baixo o seu mandato que esta entidade asinou a súa disolución e absorción por parte de Caixa Galicia, entidade á que se incorporou como membro do consello de administración. Figurou no órgano reitor da caixa de aforros ata 2006. Foi tamén vicepresidente da Fundación Galícia Europa.
Participou na política da man da UCD. Foi elixido senador en dúas ocasións, nas Xerais constituíntes de 1977 e nos comicios de 1979. Tamén foi elixido concelleiro na cidade de Ourense e deputado provincial.
Socialmente, ademais, pertenceu ao Liceo Recreo Orensano e ao Orfeón Unión Orensana.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Rodríguez Reza, José". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 196.