Baldomero Fernández Calviño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBaldomero Fernández Calviño
Nome orixinal(es) José Baldomero Fernández Calviño Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1923 Editar o valor em Wikidata
Santa Cruz de la Palma, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de novembro de 2017 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

23 de xaneiro de 1978 – 1 de abril de 1983
Procurador en Cortes
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Baldomero Fernández Calviño, nado en Santa Cruz de la Palma o 18 de setembro de 1923 e finado na Coruña o 12 de novembro de 2017, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato no Instituto de Ensinanza Media da Coruña. Diplomouse na Escola de Socioloxía en Madrid e obtivo o título de Graduado Social na Escola da Universidade de Santiago de Compostela. En Madrid ingresou no Frente de Juventudes e foi Delegado de Juventudes e Secretario Local do Movimiento Nacional en Narón. Funcionario do concello de Porto do Son, foi correspondente de La Noche en Porto do Son,[1] e patrón maior da cofraría de Porto do Son nos anos sesenta.[2] Foi procurador nas Cortes franquistas en representación das confrarías de pescadores como presidente da Federación de Confrarías de Pesca de España. Na transición afiliouse ó Partido Gallego Independiente, foi senador (1977-1982) coa Unión de Centro Democrático e conselleiro de Pesca (1979-1982). Finou na Coruña o 12 de novembro de 2017.[3]


Predecesor:
'
 
conselleiro de Pesca
 
1979-1982
Sucesor:
Ramón Díaz del Río

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Ángela Posse Mariño.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Noche, 9-9-1958, p. 8.
  2. La Noche, 26-1-1966, p. 8.
  3. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 13-11-2017, p. 29.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]