Edelmira Barreira
Aparencia
![]() (2017) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1978 Verín |
| | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | política |
| Período de actividade | 2016 |
| Partido político | Partido Popular |
Edelmira Barreira Diz, coñecida como Miri Barreira, nada en Verín en 1978, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Ciencias Políticas, traballou na Dirección Xeral da Administración local da Xunta de Galicia (2002-2004). Dende 2012 foi directora do Gabinete Adxunto da Vicepresidencia do Goberno. Nas eleccións xerais de 2015 presentouse ao Senado pola provincia de Ourense e foi elixida senadora. En febreiro de 2017 foi nomeada Comisionada fronte ao Reto Demográfico polo goberno de Mariano Rajoy.[1]

