Eduardo Olano Gurriarán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eduardo Olano Gurriarán
Nacemento16 de febreiro de 1933
Lugar de nacementoO Barco de Valdeorras
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola Técnica Superior de Enxeñaría de Montes de Madrid
Ocupaciónsilvicultor, enxeñeiro forestal e político
PaiEduardo Olano Fernández
editar datos en Wikidata ]

Eduardo Olano Gurriarán, nado no Barco de Valdeorras o 16 de febreiro de 1933, é un enxeñeiro forestal, empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu no Barco de Valdeorras, marchou a vivir a Ourense con catro anos, se ben non perdeu o contacto coa súa vila natal. O seu pai, Eduardo Olano Fernández foi alcalde de Ourense entre 1941 e 1944. Estudou Enxeñería de Montes en Madrid e ao rematar a carreira foi contratado por Patrimonio Forestal do Estado, con destinos primeiro en Pontevedra e posteriormente na Coruña. Despois foi destinado a Madrid, á dirección xeral de Montes, dende onde colaborou na organización do Sexto Congreso Forestal Mundial, (1966), así como na Exposición Forestal Mundial. En 1968 regresou a Ourense para facerse cargo da dirección xeral da empresa de taboleiros de madeira Orember, actualmente integrada no grupo FINSA.

O 11 de abril de 1973 o ministro da Gobernación nomeouno presidente da Deputación de Ourense, en substitución de David Ferrer. Naquela altura, o cargo de presidente da Deputación levaba aparellado os cargos de procurador en Cortes e de presidente da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, cargos que ocupou ata 1974. Foi substituído nos tres cargos por Luis Álvarez Rodríguez.

Durante a transición presentouse ás eleccións constituíntes de 1977 á fronte do Partido Popular Galego, pero non conseguiu saír elixido deputado. Logo ingresou no PDP co que resultou elixido senador en representación da coalición AP-PDP nas Eleccións Xerais 1982 en España, repetindo nas de 1986 pola Coalición Popular. En 1988 abandonou a súa adscrición no Senado no grupo da democracia cristiá e pasouse ao grupo mixto, a canda Enrique Marfany e Julio Ulloa Vence. En 1990 foi nomeado delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense, no primeiro goberno de Manuel Fraga.

Ten estudado o teixedal de Casaio, o maior teixedal de Galicia, que está situado no concello de Carballeda de Valdeorras.


Predecesor:
David Ferrer Garrido
 Provincia de Ourense - Escudo.svg
presidente da deputación de Ourense
 
1973-74
Sucesor:
Luis Álvarez Rodríguez

Publicacións[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casado e ten catro fillos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]