Avelino García Ferradal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Avelino García Ferradal
Nacemento14 de novembro de 1960
Lugar de nacementoA Rúa
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Avelino García Ferradal nado na Rúa en 1960, é un político galego do Partido Popular de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesor, foi presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses[1]. Foi concelleiro do PPdeG na Rúa. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía da Rúa e foi elixido alcalde grazas ao apoio do concelleiro de Rueses Unidos Adiante (RUA) Fernando Rodríguez Rodríguez[2]. Foi deputado provincial.

En 2017 substituíu a Edelmira Barreira no Senado.[3] Nas Eleccións xerais de abril de 2019 foi na lista ao Congreso dos Deputados, mais non saíu escollido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «O importante é o equipo» La Voz de Galicia.
  2. "Fernando Rodríguez le da la Alcaldía de A Rúa al PP, al romper la disciplina de grupo" Faro de Vigo.
  3. "Ficha no Senado". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2017. Consultado o 02 de decembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Luis Fernández Gudiña
 Escudo de A Rúa THV.svg
Alcalde da Rúa
 
2011 - 2015
Sucesor:
María González Albert