José Regal Vázquez
José Regal Vázquez | |
---|---|
Nacemento | 1917 |
Lugar de nacemento | Mariz |
Falecemento | 20 de novembro de 2007 |
Lugar de falecemento | Chantada |
Nacionalidade | España |
Ocupación | médico e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Regal Vázquez, nado en Mariz (Chantada) en 1917 e finado no mesmo concello o 20 de novembro de 2007, foi un médico e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou o Bacharelato Universitario e Maxisterio e fíxose médico especialista en odontoloxía. Foi dentista en Chantada. Foi fundador de Falange, combateu no bando sublevado na guerra. Foi nomeado alcalde de Chantada a finais de febreiro de 1964,[1] tomando posesión o 2 de marzo. Cesou o 25 de marzo de 1975. Logo da morte de Franco afiliouse á Unión de Centro Democrático e foi elixido conselleiro da Xunta preautonómica por designación da Deputación. Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido concelleiro e foi o líder de UCD en Chantada. Despois integrouse en Coalición Galega e recalou finalmente en Alianza Popular. En 1995 abandonou a política.
Predecesor: José Manuel Vázquez Yebra |
![]() Alcalde de Chantada 1964 - 1975 |
Sucesor: Jose Luís Fernández Pedreira
|
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Araceli Gómez González.[2]