Antonio Hervella Martínez
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de marzo de 1935 O Barco de Valdeorras |
| Morte | 1 de xaneiro de 2020 O Barco de Valdeorras |
| 1983 – 1987 ← Eulogio Gavela García – Eulogio Gavela García → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Partido político | Partido Popular |
| Membro de | |
| Familia | |
| Fillos | Pedro Tertuliano Hervella Garrido
Antonio Hervella Garrido Miriam Hervella Garrido |
| Pai | Pedro Tertuliano Hervella Nieto |
Antonio Hervella Martínez, nado no Barco de Valdeorras o 17 de marzo de 1935 e finado no mesmo concello o 1 de xaneiro de 2020,[1] foi un procurador e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Pedro Tertuliano Hervella Nieto. Foi concelleiro do Barco de Valdeorras entre 1979 e 1983 por Coalición Democrática. En 1983 foi elixido alcalde do Barco de Valdeorras por AP, sendo tamén o primeiro presidente da Mancomunidade de Valdeorras, así como deputado provincial. En 1987 non concorreu á reelección e non continuou nos devanditos cargos. Posteriormente foi e asesor da Consellería de Agricultura da Xunta de Galicia, e en 1991 volveu á política local como primeiro tenente de alcalde do Barco polo PPdeG. En 1993 foi elixido senador pola provincia de Ourense polo Partido Popular na V lexislatura (1993-1996). Posteriormente abandonou a formación popular, e en 1999 encabezou a candidatura de Coalición Galega no Barco, conseguindo 2 concelleiros. En outubro de 2002 os membros de Coalición Galega barquenses regresaron ó PPdeG[2], se ben non continuou na primeira liña política tralo fin do mandato en 2003.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Aurelia Garrido Forneiro e foi pai de Antonio Aurelio, Pedro Tertuliano e Mirian Hervella Garrido.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ osil.info, ed. (2 de xaneiro de 2020). "Falece Antonio Hervella Martínez, antigo alcalde do Barco e ex senador". Consultado o 22 de xaneiro de 2020.
- ↑ El PP de O Barco creará una gestora y proclamará candidato en diciembre
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Predecesor: Eulogio Gavela García |
Alcalde do Barco de Valdeorras 1983 - 1987 |
Sucesor: Eulogio Gavela García |
