María del Pilar Nóvoa Carcacía
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de abril de 1957 (67 anos) Vilamarín, España |
Deputada de España | |
14 de marzo de 1996 – 18 de xaneiro de 2000 Lexislatura: VI lexislatura de España Circunscrición electoral: Ourense Electa en: Eleccións Xerais 1996 en España | |
Deputada de España | |
25 de xuño de 1993 – 9 de xaneiro de 1996 Lexislatura: V lexislatura de España Circunscrición electoral: Ourense Electa en: Eleccións Xerais 1993 en España | |
Deputada de España | |
17 de novembro de 1989 – 13 de abril de 1993 Lexislatura: IV lexislatura de España Circunscrición electoral: Ourense Electa en: Eleccións Xerais 1989 en España | |
Deputada de España | |
7 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989 Lexislatura: III lexislatura de España Circunscrición electoral: Ourense Electa en: Eleccións Xerais 1986 en España | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Premios | |
María del Pilar Nóvoa Carcacía, nada en Vilamarín o 13 de abril de 1957 [Cómpre referencia], é unha psicóloga e política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en psicoloxía e diplomada en Traballo Social, é funcionaria e traballou como psicóloga no sistema de ensino de Galicia. Nas Xerais de 1986 foi elixida deputada polo PSdeG-PSOE na provincia de Ourense, cargo que revalidaría en Xerais de 1989, en 1993 e en 1996.[1] Antes de rematar a súa cuarta lexislatura na Cámara Baixa, en 1999 presentouse nas listas municipais en Ourense do PSdeG-PSOE ás locais, e resultou escollida concelleira pero non recibiu responsabilidades de goberno.
No ano 2000 deu o salto de cámara e foi elixida como senadora nas Xerais dese ano[2], e ocupou a cadeira ata o ano 2004,[3] en que deixou a política activa e se reincorporou ao seu traballo na atención ao proceso educativo na cidade de Ourense.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha de Novoa Carcacia, María del Pilar. (Todas as lexislaturas)". Congreso dos Deputados (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2019.
- ↑ "Senado - Ourense". www.elmundo.es. Consultado o 28 de febreiro de 2019.
- ↑ "Nóvoa Carcacía, María del Pilar". www.senado.es (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2019.
- ↑ "La Moncloa. Referencia del Consejo de Ministros". www.lamoncloa.gob.es. 23 de abril de 2004. Consultado o 28 de febreiro de 2019.
- ↑ "Agenda". ABC (xornal). 26 de maio de 2004. p. 26. Consultado o 28 de febreiro de 2019.