Jorge Bermello
Jorge Bermello | |
---|---|
Nacemento | 7 de abril de 1936 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jorge Bermello Fernández, nado o 7 de abril de 1936 en Ourense, é un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Militante do Partido Popular, foi elixido alcalde de Ourense logo das eleccións de 1987, en que liderou a candidatura da coalición AP-CdeG, sendo elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. Porén, o apoio do edil do CDS Balbino Álvarez ós postulados dos grupos da oposición do PSdeG e Independentes de Galicia, xunto ós cales sumaba maioría absoluta, supuxo que presentase a súa dimisión en decembro de 1987 e fose relevado na alcaldía polo socialista Manuel Veiga Pombo co apoio dos independentes e de Álvarez. Posteriormente foi senador (1993-2004) e presidente da Cámara de Comercio de Ourense.[1]
Predecesor: Antonio Caride-Tabarés |
![]() Alcalde de Ourense 1987 |
Sucesor: Manuel Veiga Pombo |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Jorge Bermello da el paso y opta a la Cámara de Comercio" (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2019.